O MEDALLÓN DO MONTE PINDO

Continuando co Monte Pindo e os seus misterios, velaí este do medallón de cobre atopado no século XIX, nalgún lugar próximo á fervenza do Xallas, perdido durante o asedio ao Alcázar de Toledo durante a Guerra Civil e que unicamente coñecemos polo debuxo que en 1875 publicou Barros Silvelo no seu libro Antigüedades de Galicia. Ninguén sabe como chegou a Toledo, xa que a información que se ten del é que no seu día fora doado ao museo Romero Ortiz, da Coruña.

Da súa análise do medallón ocupouse Fernando Alonso Romero nun artigo, publicado no número 25 do Anuario Brigantino no ano 2002, vinculándoo co mito da galiña e os pitiños de ouro, quizais relacionado coa representación das sete aves que aparecen nel, lenda que podería representar o brillo das pléiades no noso firmamento, e cun significado que aínda non foi descifrado, tal como indica esa cita de Vicente Risco que figura sobre a misteriosa peza perdida.

Hai algo profético no medallón, refírome a esas aspas que rodean a figura central e que lembran os viraventos ou muíños eólicos que hoxe coroan a maior parte da xeografía que rodea o Monte.

Medallón do Monte Pindo

Medallón do Monte Pindo

2 opinións sobre “O MEDALLÓN DO MONTE PINDO

  1. Pingback: O Medallón das Sete Pitas do Monte Pindo, un regalo singular

Os comentarios están pechados.