GALLEGUITA

 

Estamos en abril, por fin chegaron o sol e a luz. Unha tarde de abril, quizais como esta de hoxe, chegaría a Bos Aires a galeguiña do tango composto en 1924 por Horacio Petorossi (música) e Alfredo Navarrine (letra). Canción que, como todos os tangos, conta unha historia triste, neste caso adobiada co conflito da emigración e o afastamento da Terra e dos seres queridos. A min gústame esta versión de Libertad Lamarque, a cantante enfrontada a Eva Perón, o que a levou a cambiar de país, residindo en México ata a década dos setenta do século pasado.