Non chegou a primavera climática, pero estamos xa no tempo das feiras do libro, días de seráns longos e recendos cálidos.
Antón Riverio Coello e eu, acordamos presentar á Federación de libreiros, un proxecto para estar participar nalgunhas das feiras do país, a partir das coincidencias e diverxencias das nosas últimas novelas, Laura no deserto e A noite branca. Dúas novelas, dúas editoriais (Galaxia e Xerais), dous autores e un presentador-condutor en cada localidade, nun modelo pouco empregado ata agora entre nós e que pretende, en tempos difíciles, crear vínculos e fortalecer a imaxe do noso sistema literario.
O título que acordamos para a actividade é: A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria.
Ourense, venres 7 de xuño, con Manuel Outeiriño.
Vigo, venres 5 de xullo, con Ramón Nicolás.
Rianxo, sábado, 27 de xullo, con Xerardo Agrafoxo.
A Coruña, venres 2 de agosto, con Eva Veiga (pendente de confirmación definitiva).
Espero achegarme a algunha das citas. Paréceme moi interesante a proposta, e tamén creo que, se superamos o minifundismo, non hai quen nos pare.
Apertas
GústameGústame