EN FAMILIA, DENDE LIMA

Violeta, Inma e Xacobe, marcharon a Perú coa ilusión acendida, pero tamén con certo temor. Por fin, logo de tantos anos de espera, a adopción era un feito. Ían tres e volverían catro. Agardaba por eles Cristian, pero estaba a aceptación, a observación, a adaptación. Había que superar a proba e esta quedou saldada xa o primeiro día. Xa nos parecía a nós que a cousa ía ser así, sabendo do intelixente e sociable que é Violeta, do entrañable cariño que desprende Inma, da marabillosa relación que Xacobe mantén cos nenos dende sempre.

A familia: Inma, Violeta, Cristian e Xacobe

A familia: Inma, Violeta, Cristian e Xacobe

Emociona ler os correos de Inma. Nesta foto, unha das últimas, están en Barranco, e esta é a crónica do día: un barrio moi bonito, bohemio, artístico, de moita cor, con casas coloniais, moito verde, flores, galerías de arte, paredes pintadas con grafitis ben fermosos e perto do mar… de vivir en Lima aquí sería onde me gustaría estar. Nós estamos en Miraflores que é un barrio moderno, de grandes edificios, centros comerciais, moi parecido a calquera grande cidade, pero Barranco é diferente, lémbrame San Juan de Puerto Rico, ou Trinidad en Cuba, máis criollo. Aquí estamos os catro, xunto á estatua de Chabuca Granda.

E como están con Chabuca Granda, velaí esta interpretación de La flor de la canela, para que o seu son os acompañe alá e no regreso.

Advertisement

Unha opinión sobre “EN FAMILIA, DENDE LIMA

  1. Pronto estaremos os catro de novo na casa, so faltan… un montón de papeis, pero non é nada ao que levamos de espera. Grazas por lembrate de nós. Bicos

    Gústame

Os comentarios están pechados.