FANFARRIA TAQUIKARDIA E PROCESIÓN

Envío do meu amigo Eustaquio, sempre ao día na cousa das músicas.

Fanfarria Taquikardia – Procesión Herexe (A las barricadas / Coche fantástico)

“Galiza, Outono 2013. Chovía, como non. Non había neve aínda, pero si castañas e porco. Preguntáronnos si podíamos tocar nunha procesión. ¿Qué é iso? ¿Qué se toca nunha procesión? O que queirades… dixeronnos. E asi foi. Fin”.

Esta iniciativa responderá, digo eu, ao novo espírito integrador e dialogante do Papa Francisco. Ademais, dende que chegou onde chegou, o seu equipo, o club do que é socio, San Lorenzo de Almagro, tamén equipo de tantos galegos, mantense de primeiro no torneo de apertura. Para o meu amigo Jorge Omar, tamén socio e seareiro do San Lorenzo, a cousa non deixa de ter o seu aquel e, se cadra, hai algo milagreiro en todo iso. Convén estar atentos.

Unha opinión sobre “FANFARRIA TAQUIKARDIA E PROCESIÓN

Os comentarios están pechados.