A música de Thelonious Monk que nos acompañou onte, trouxonos por unha cosmopista de autonautas ata hoxe, trinta cabodano do pasamento de Julio Cortázar. Hoxe, precisamente, a editorial Trifolium lanzou a tradución ao galego do relato A autoestrada do sur, o primeiro dos que formaban parte do libro Todos los fuegos el fuego.
Eu son o responsable da tradución e o que nela hai de bo, débese aos consellos e achegas de Carlos Arias, que me axudou con ela. Con este libro, Trifolium pretendía conmemorar o centenario do nacemento, que será o 26 de agosto, pero o azar, cousas de cronopios, fixo que sexa dobre a conmemoración e máis intensa a lembranza.
Ata onde eu sei, esta é a segunda tradución ao galego dun texto de Cortázar. O anterior foi o Discurso do oso, que formaba parte do Manual de instrucciones, incluído en Historias de Cronopios y de famas, publicado por Kalandraka como albúm infantil ou de adultos, que con estes libros e estes formatos nunca se sabe. As ilustracións eran do arxentino Emilio Urberuaga e a tradución de Xosé Ballesteros.
!!!!!!!!!!
Home, así dá gusto! Un fai o traballo, outro bótalle un vistaciño e colga as medallas. Paréceme bastante inexacta a referencia ao meu labor. Moi gratificante, por certo.
Apertas
GústameGústame
Eu non teño esa sensación. Fixeches ti unha achega fundamental, tensar a tradución cara o galego. Para nos entender todos, hai casos nos que o galego tiña exactamente a mesma palabra que o castelán de Cortázar. Eu optara por empregar esas palabras por manter certa fidelidade ao texto, pero ti fixeches a proposta contraria: sen traizoar significado, espirito, ritmo, swing, de haber un sinónimo diferenciador, empregalo por facer máis galego o texto. Esa reflexión, con influenza no resultado final, foi moi importante dende o meu punto de vista. A posibilidade de manter eses diálogos, non só con esta tradución, senón cos libros de versos, as novelas, os artigos de prensa, teus ou meus, paréceme algo enriquecedor e motivo de alegría.
GústameGústame
A min tamén me parece marabilloso ese intercambio; ora ben, a tradución ten pai, e de moita calidade.
Outra aperta
GústameGústame
Pingback: Estantíos na autoestrada do Sur | Criticalia
Pingback: Radiocrítica do 31-03-2014, por Armando Requeixo | ::Axenda cultural AELG::