Hoxe é o meu aniversario e hoxe, tamén marchamos a Islandia. A miña amiga Rosa Álvarez, dende Madrid, mándame esta imaxe dun globo branco, metáfora da vida e da viaxe, di.
A Islandia imos cun proxecto fermoso, creo, no que as crebas son elemento principal. Alí Maribel expoñerá as imaxes de Xente no Medio, en dúas cidades simultaneamente, Reikiavij e Akureyri. No marco das exposicións haberá recitais no que participaremos Elías Knörr e eu. Eu, ademais, darei a conferencia das crebas nas universidades das dúas cidades. Aquí tendes a illa de Thule, o reino de Sigrid, na carta mariña de Olaus Magnus, de 1537, unha das primeiras representacións que se fixeron dela.
Este xoves pasado presentabamos na libraría Couceiro de Compostela o libro das Crebas, precisamente. Foi un acto entrañable, con amigos e cariño, no que rin moito, o que pasa é que iso de rir os propios chistes, non sei se está moi ben. Os de Couceiro fixeran un fermoso escaparate con libros e crebas. Nesta fotografía estamos Belén, de Baía, Manuel Rodríguez, xornalista e Soledad Pite, pintora e poeta e eu. Faltaba Miro Villar, que non puido acompañarnos, como estaba previsto nun principio. A imaxe é da miña amiga Malores Villanueva, que veu á presentación dende Pontevedra.
Déixovos aí ese enlace para poder ler o discurso de Elena Poniatowska o día do Cervantes. Non sei con canta frecuencia, pero eu procurarei contar algo aquí de como nos vai no norte, na luz do frío.
http://www.eldiario.es/cultura/libros/Discurso-completo-Elena-Poniatowska_0_252675207.html
Apertas e bicos.
Pois moitos parabéns e boa viaxe. Xa iremos lendo no voso blogue as vosas andanzas. Bicos
GústameGústame
Grazas Inma. Un bico e ata o regreso. Chisco
GústameGústame
Boa viaxe e felícidades. Non te olvides do Jrupo y envíanos información po lo guasá
GústameGústame
Alégrome moito de que o pasárades ben, e sinto a miña ausencia, porque o libro está fenomenal, e a oportunidade da aperta era boa.
Que teñades moi boa viaxe, e que teñas un magnífico ano.
Apertas
Carlos
GústameGústame