VIVIRNACORUNA. ORGULLO DE PAI

Perdón, pero hoxe toca compartir o contento e o orgullo de pai. Para Lucía e Daniel, esta pasada foi unha fin de semana intensa. O seu proxecto http://www.vivirnacoruna.es, axenda cultural da cidade, foi presentado en varios foros, obtendo en todos o recoñecemento e abrindo portas de futuras colaboracións. O momento máis especial foi cando o sábado recibían a notificación de que se lles concedía un dos premios outorgados por Smart Coruña. Encántame esa máxima de Lucía, aprendida do seu avó: “o caldo é a raíz do corpo”, porque é verdade e o caldo é, seguramente, o que lles permitiu manter o ritmo de traballo e a tensión destes últimos meses, ata poñer en marcha este proxecto.

Salientar que vivirnacoruna non é só unha axenda cultural, senón que tamén publica contidos interesantes, como a entrevista a Manuel Álvarez Torneiro da semana pasada ou a reportaxe sobre as “Arquitecturas interiores” de Carolina Fernández..

Velaí están os responsables dos tres proxectos gañadores en Smart Coruña:

 

2 opinións sobre “VIVIRNACORUNA. ORGULLO DE PAI

  1. Todos os que coñecemos a Daniel estamos orgullos dese premio ben merecido tanto polo boa e utíl que é a súa páxina como polo esforzo realizado por el e a súa colega. E para vos tamén a enhoraboa porque detras destes proxectos sempre hai moitos medos e preocupacións dos pais por se facemos o que debemos, se somos unha axuda ou unha carga.
    Sempre é necesario que comeze a primavera para sentir a chegada do verao.
    Apertas e parabens para ti e Maribel pero sobre todo a Daniel e a Lucia
    Lino e Maria

    Gústame

    • Queridos Lino e María, si, os nosos fillos viven tempos complicados e nós, como pais, tamén, sen que saibamos moi ben como actuar en cada momento. A situación desa xeración é o maior problema da nosa sociedade, pero máis alá das palabras baleiras, non se advirte preocupación ou vontade de enfrontalo facendo política, único xeito de resolvelo. Confiamos neles, na súa capacidade de supervivencia, de adaptación, de transformación. Confiamos no seu valor e na súa fortaleza. Grazas a vós. Espero e desexo compartir momentos coma os do sábado, brindando polo que nos alegra e polo que nos emociona. Bicos e apertas. Chisco

      Gústame

Os comentarios están pechados.