EXHUMACIÓN

O sábado pasado, na localidade de Chaherrero, provincia de Ávila, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica exhumaba os restos do guerrilleiro galego Vista general del lugar del entrerramientoPerfecto de Dios Fernández, morto nun enfrontamento coa Garda Civil, cando tentaba chegar a Madrid, fuxindo dende as serras ourensáns, xunto coa súa nai Carmen Fernández Seguín e outro compañeiro. Perfecto tiña 19 anos. Poucos días antes, nun enfrontamento con forzas do exército no barrio de San Francisco en Ourense, caera ferido e prisioneiro o seu irmán Camilo de Dios, de 16. Este que se ve na imaxe, á beira da estrada, era o lugar exacto da fosa de Chaerrero.

Preso Camilo, a decisión de Carmen e Perfecto, foi tentar chegar a Madrid para establecer contacto coas redes do Partido Comunista na capital e tentar o exilio. Pero todo saíu mal. Carmen, que fóra ao monte cos seus fillos, aínda menores de idade, logo do asasinato do seu home, para evitar a cadea e, se cadra, tamén a súa morte, foi detida o mesmo día do enfrontamento no que morreu Perfecto e sería condenada a trinta anos de cadea. Neste documento constan as circunstancias da morte do mozo, o lugar de enterramento e o interrogatorio a Carmen Fernández.

Documento que indica el lugar exacto del enterramiento

A historia de Camilo, como a de tantos outros loitadores contra o franquismo, está por escribir, pero o que fai singular o seu caso, é que el está vivo, lúcido e con memoria, o que facilitaría o traballo do investigador disposto a enfrontar ese traballo.

Botas de Perfecto

Botas de Perfecto

Esta e outras exhumacións que se realizarán nas vindeiras semanas, son posibles pola achega de 6000 euros que fixo un sindicato noruegués de electricistas. A administración española suprimiu todas as axudas destinadas a este fin.

O vídeo é parte da crónica do traballo do sábado. Nel Camilo, con serenidade, fala da nai e do irmán. Agora, Perfecto, estará cos seus, o pai, asasinado nos meses que seguiron ao golpe de estado militar e con Carmen, no cemiterio de Sandiás, á sombra da torre defensiva medieval que no seu momento, non soubo protexelos:

Unha opinión sobre “EXHUMACIÓN

  1. Qué historia !. Son tantos os esquecidos en circunstancias similares que merecen sair á luz, pero o reloxo non acouga e cada vez hai menos testigos coma Camilo. Esta historia ten que escribirse e quen millor ca ti, Chisco, para contala.
    Hai catro anos fun ata Aranga a un acto da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, nunha homenaxe a víctimas da represión franquista enterradas naquel municipio. Discursos, monumento de Valdi, actuación musical da Quenlla…emocións a flor de pel, e … ¿? … Coido que precisamos máis, non abonda cunha breve referencia biográfica nos dicursos de inauguración dun monumento, por moi emotivos que sexan, anque tamén son necesarios.
    Voume pór autoritario, deberes pra todos; os escritores tedes que investigar e escribir esas historias denantes que desaparezan as escasas “fontes” vivas e os lectores temos que ler, reflexionar e transmitir aos nosos fillos os valores que hai darredor desas historias por descubrir.
    Dende aquel acto que era continuación doutro máis modesto acontecido a mesma tarde en Guitiriz na parroquia de Santa Mariña, que linda con Aranga, estiven a xuntar algún intento de verso, pero non tiven azos para coller a pluma até hai un par de meses, i estoupoume isto,
    _____________________________________
    NON ACOUGARON ! NON !

    A choiva limpou o sangue das gabias,
    o lique selou os buratos das pedras.
    Pero as ánimas das barrancas
    e os espíritos das cunetas
    non acougaron ! non !
    Han seguir bruando namentras viva
    en nos o seu recordo,
    pra esixir, non vinganza, senon xustiza,
    honra á memoria e sepultura aos corpos.
    …e acougarán as ánimas…
    _____________________________________
    No teu saber como escritor confiamos pra honrar a memoria dos esquecidos.

    Sempre grazas. Unha aperta e ata pronto.

    Gústame

Os comentarios están pechados.