GAZA

Mentira tras mentira, violación tras violación, masacre tras masacre, asistimos impasibles ao exterminio da poboación de Gaza. Leo no xornal que Israel prepara unha estratexia para culpar a Hamas do acontecido nestas últimas semanas. Tamén que existe un acordo para evitar que os militares israelitas sexan acusados de xenocidio polos tribunais internacionais. Estou convencido de que, de ser así, todas as estratexias sairán adiante porque a connivencia do que denominamos comunidade internacional, a hipocresía, son absolutas.

Outro día o meu amigo Tacho enviaba o enlace a este artigo de Thierry Meyssan que dá unha visión ben distinta do que está acontecendo estes días en Gaza, en Siria, en Irak. A lectura é recomendable, cando menos por valorar outras maneiras de ver a realidade, por ter outras perspectivas.

http://www.voltairenet.org/article184792.htmlria, en Irak.

Chega estes días o vídeo no que un colono xudeu discute cos palestinos propietarios da terra que pretende ocupar. A relixión é a base e o argumento para o espolio, se ben, en beneficio de todos cantos saen no vídeo, en comparación co que acontece en Gaza, esas persoas son quen de discutir durante 14 minutos sen chegar ás mans, sen se matar, o que, se cadra, ofrece unha raiola de esperanza, malia o discurso escravista do colono.


Por último, convén lembrar en tempos coma este, as palabras e os versos de Mahmud Darwidsh, eses que hoxe acompañan o artigo de Nazanín Armanian no diario dixital El Público.

El asesino mira al fantasma de la víctima, 
no a los ojos, sin remordimiento.
Dice a los que le rodean: no me reprendáis,
tenía miedo (…) Ha sido en legítima defensa.
¡La víctima debería pedir disculpas al asesino por el trauma que le ha causado! (…)
Pero ¿qué culpa tiene el niño?
Respondieron: Crecería y daría miedo al hijo del amedrentado.
¿Y qué culpa tenía la mujer?
Dijeron: Daría a luz a la memoria. (…)
Y vitorearon: El miedo, no la justicia, es el fundamento del poder.
El fantasma de la víctima se les apareció en el cielo límpido.
Pero cuando abrieron fuego sobre él,
no vieron ni una gota de sangre…
¡Y les entró miedo!

Mahmud Darwidsh (Traducido por Luz Gómez García)

 

 

2 opinións sobre “GAZA

  1. Estarréceme esta historia, na que se alimentan egos colectivos, traficantes de armas, intereses espurios, miradas cargadas de veleno. Se cremos en Deus, cada persoa expresa unha mensaxe suprema; se non cremos, cada unha forma un universo.
    Hai rabia polas dúas partes, e tamén nos que miramos desde a distancia, coma se esta ferida quedase nunha mancha miserable sobre o planeta que habitamos. Hai unha lóxica de propietarios tan artificial coma calquera outra división, unha lóxica que trae sufrimento, xenreira, un río inesgotable de mortes e un desprezo pola terra, que ofrece recursos para todos: Israel, Palestina, o Sahel, Siria, Ucraína, Afganistán, Irak e todo o planeta. Tamén para os que nos cremos privilexiados e consideramos superior vivir na neurose ou morrer dun infarto ca pasar fame. Hai unha harmonía máis alá, na que os pobres colonos primitivos poden tomar a voz de Deus ou do universo, para traer comprensión, non para quitarlle con ese pretexto o pan ao veciño.
    Apertas

    Gústame

    • É posible que exista unha dialéctica da violencia e da morte polas dúas partes, que ten a súa orixe nun tempo anterior, incluso, á propria creación do estado de Israel. Pero non existe correspondencia entre os efectos dunha violencia e da outra, nin dos mecanismos dos que dispón cada parte para exercela. Tampouco do cinismo con que cada un representa o seu papel.
      Porén, esta situación inxusta debería ter solución posible, pero falta compromiso por parte da “comunidade internacional” con intereses importantes nese territorio e obtendo beneficio do conflito e, tamén, o exercicio da autoridade por parte de quen a ten.
      Onte falei cun amigo que me dicía que el, sempre, se poñía en principio do lado de Israel. Sorprendeume e fíxome reflexionar sobre o feito de que eu sempre me poño, en principio, do lado dos Palestinos.

      Gústame

Os comentarios están pechados.