NOVA YORK 3

Chegamos de Nova York onte pola noite. A experiencia foi marabillosa. Quixera contar algunha das cousas que vivimos aló, así que irei escribindo aos poucos, pero hoxe non, que estou canso, por iso empezo polo final, polo concerto con que Rosalía Mowgli, Xavi Lozano e Didac Ruíz ofreceron no Instituto Cervantes o venres 17, logo do recital no que actuamos 10 dos poetas que participabamos no festival de poesía das Américas, que esa era a denominación e no que se escoitaron seis linguas: gaélico, hindú, brasileiro, inglés, castelán e galego, claro.

Supoño que o nome dela terá que ver co personaxe do Libro da selva, a novela de Kipling, porque hai algo nela del, a súa aparente fraxilidade, a capacidade de comunicación na distancia curta, a alegría con que actúa, ela e Xavi Lozano e Didac Ruíz. Para min foron un descubrimento. Dende a música española máis tradicional -abriu o concerto cunha peza das Baleares-, integra música popular latinoamericana, clásica, improvisación e instrumentos non convencionais. Instrumento

O de Xavi Lozano tocando a vaia urbana, é espectacular. Aquí volos deixo, espero que gocedes deles, aínda que o vídeo non se corresponde coa actuación do outro día, pero si interpretaron esa peza e as outras que se poden ver en YouTube.