VOCES DE JAZZ

Onte, na páxina vivirnacoruna.es, informaban do inicio de JAZZATLÁNTICA 2014, que tamén podería ser 2014-2015, xa que case chega ata o vindeiro verán. Son moitos os músicos e as voces que actuarán na Coruña nestes meses, entre elas China Mosses, que abrira o ciclo mañá, día 6 de novembro, e a súa nai, Dee Dee Bridgewater, que actuará o día 27 deste mesmo mes.

Pechaban a información cun enlace a un vídeo que me pareceu fascinante e que quero compartir, que recolle unha interpretación que fan xuntas nun concerto en Viena.