CORTÁZAR SONGS: JAMILA PUROFILIN

A miña amiga, a cantante cubana residente en Galicia, Jamila Purofilin, protagoniza este curtametraxe documental, Cortázar poeta (Del lado de acá), sobre o ciclo de concertos que deu en Bos Aires no verán, dentro das celebracións do ano de Cortázar e ao fío do seu disco Cortázar Songs. O disco recolle o seu traballo musical arredor de oito poemas de Cortázar e os amaños posteriores de Paulo Lêmos. Na xira arxentina e no documental, está acompañada pola guitarra de Jorge Giuliano, quen fora guitarrista de Mercedes Sosa, entre outros grandes intérpretes arxentinos.

Jamila estará a semana que vén en Grenoble, onde participará nun simposio sobre o escritor, cunha comunicación que fala do disco, de como compuxo as cancións, do ritmo e da música que hai en cada poema e en cada parágrafo da literatura de Cortázar. Ela quería que tamén fose eu, a falar do meu, pero un vai quedando sen vacación e hai cousas que, aínda desexándoas, non poden ser.

2 opinións sobre “CORTÁZAR SONGS: JAMILA PUROFILIN

    • Grazas Ofelia polo teu comentario. Para moitos de nós, Cortázar segue sendo sinónimo de alegría. Tamén o era Aurora. Un bico.

      Gústame

Os comentarios están pechados.