2015

Antes de nada, bo ano 2015 para compartir. Que non deixemos de soñar e que os soños se materialicen; que non deixemos de opinar, de berrar, de loitar, por un mundo mellor e que o mundo mellore; que se volatilicen os rostros da infamia, do cinismo e da hipocrisía que pretenden rexer o noso destino; que o forte sexa forte e o inocente transforme o seu tesouro en enerxía. Que para todos vivir sexa un agasallo, non un castigo. Pola amizade.

Primeiro día do ano e primeiro baño. Nunca antes me bañara no mar o un de xaneiro. A auga estaba fría, tonificante e a hora era de sol.

Solpor 1

Contra o serán puidemos gozar desta posta de sol, marabillosa, dende as penedas de Panchés, que ese sol nos alumee todo o ano, tamén nos día grisallos e difíciles.

Solpor 4

Advertisement

2 opinións sobre “2015

  1. Grazas polos seus desexos, que compartimos. Sempre lemos o seu blogue con ledicia na casa. Bon ano novo para vostede, e fartura para as xentes do mar de Carnota, que eu tamén tanto amo.

    Gústame

    • Moitas grazas a vós. A verdade é que isto de escribir no blog foi collendo azos e hoxe é algo importante para min. Nel podo falar das cousas que me gustan e descubrín con ledicia e emoción que esas cousas son compartidas por máis xente, coñecida e non coñecida. Unha aperta grande. Chisco

      Gústame

Os comentarios están pechados.