Hai tres ou catro meses, escribiume o meu amigo Antonio García Teijeiro, preguntándome se me gustaría participar nun proxecto ao que Gracia Sanctorum daba pulo a través do blogue Trafegando Ronseis, do IES de Lalín.
A cousa consistía en escribir un haiku que tivese como referencia a violencia machista. Dixen que si e mandeino.
Entrei eu na terceira entrega publicada, xunto con Dores Tembrás, Francisco Castro, María Reimóndez e Xoán Babarro. Os nosos textos foron ilustrados por Mar García e Arancha. A cousa quedou moi ben e eu sinto unha alegría especial por estar aí. Van oito entregas, moitas escritoras e escritoras, con moitas e moitos ilustradores. Se queredes lelas podedes buscalas no índice da columna dereita do blog Trafegando ronseis, procurando a entrada Libro do mal amor
Deixo aquí a entrada da III entrega, dende a que podedes acceder a todos:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2014/11/libro-do-mal-amor-iii.html
Hi, I do think this is a great web site. I stumbledupon it 😉 I am going to revisit yet again since i have book-marked it. Money and freedom is the greatest way to change, may you be rich and continue to help others.|
GústameGústame
Chegan moitos comentarios escritos en códigos lingüísticos imposibles,tamén en xaponés. Supoño que todos son spam, pero este… non esi, esa primeira frase está escrita con sentido e, ademais, quixen crer que pode ser certo, así que imos publicalo.
GústameGústame
Ola! Moitas grazas pola entrada no teu blogue. É un traballo ben fermoso grazas ás vosas achegas… agardo poder ver cumprido o soño de telo en papel.
Aquí tamén poderás ver o traballo do alumnado:
http://bibliotecaieslaxeiro.blogspot.com.es/search/label/Libro%20do%20Mal%20Amor
Saúdos
GústameGústame