O COLISEO XESTEIRA EN OURENSE NO TEMPO

Antes de rematar o 2014, Rafael Salgado convidoume a escribir un artigo para o blog Ourense no Tempo, contando algunha anécdota da miña relación co Coliseo Xesteira, o cine onde traballou meu pai e onde medrei.

Outras ocupacións leváronme a adiar a encarga, pero no mes de xaneiro prometinlle que estaría lista neste febreiro que remata hoxe. Hai quince días púxenme ao labor, coa intención de escribir un folio e medio. Produciuse entón unha sorte de catarse, na que non fun quen de dominar as emocións e as lembranzas e o resultado, conténdome, foron seis folios que Rafael publicou estes días na páxina.

Quedan moitas cousas por contar: de cando as instalacións do Xesteira foron tamén ximnasio de boxeadores; do pintor encargado de deseñar e debuxar os grandes carteis da fachada; a memoria das músicas; as marabillosas películas de aventuras de rosas negras e alfombras que voaban, de camelos que falaban, daquel cabalo enorme de madeira nunha película sobre Troia que me impresionou tanto que xa nunca o esquecín.

Acaso un día me anime a escribir todo isto e a lle dar forma de libro. Mentres, por se a alguén lle interesa, deixo as tres entradas nas que organizamos o texto:

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2015/02/o-coliseo-xesteira-i-francisco-x.html

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2015/02/o-coliseo-xesteira-ii-francisco-x.html

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2015/02/o-coliseo-xesteira-iii-francisco-x.html

Aproveitando, Rafa exhumou máis memoria e publicou algunha cousa tan curiosa como ese Western de Antonio Román, o director ourensá, titulado Ringo de Nebraka, película que eu non lembro.

http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2015/02/western-ourensano.html

Unha opinión sobre “O COLISEO XESTEIRA EN OURENSE NO TEMPO

  1. A verdade que se ve unha infancia marabillosa, toda envolta en cine, entre as estrelas de Hollywood. Claro que debes ter lembranzas para escribir un libro ben fermoso. Encántame esta crónica literaria por “entregas”.

    Gústame

Os comentarios están pechados.