BORGES NOS XOGOS FRORAES DO IDIOMA GALEGO

No libro Borges dende o labirinto galego, publicado por la Xunta de Galicia en 2008, o autor, Claudio Rodríguez Fer, inclúe unha fotografía de Jorge Luis Borges falando no banquete dos “Xogos Froraes do Idioma Galego” do ano 1968, nun tempo no que aínda era posible fumar nos banquetes. Formidable a galeguización do nome do autor El brujo postergado, relato que ten a Compostela como referencia.

Borges

Xa a coñecía, pero din con ela de novo estes días, traballando un artigo de encarga sobre a relación entre Francisco Luis Bernárdez e Julio Cortázar, para o que moito debín remexer.

A intervención de Borges prodúcese no acto central dos Xogos, do día 31 de agosto. O mantedor central do acto é Xosé Luis Méndez Ferrín, a quen Borges dedica garimosas palabras.

Ferrín aproveita a viaxe e o día 9 de setembro reúnese co Consello de Galiza, dando conta das accións da UPG e da situación política no interior do país. O Consello, representante da legalidade republicana, vaille encargar a constitución dunha delegación na Terra. Historias esquecidas dun país con pouca memoria.

Unha opinión sobre “BORGES NOS XOGOS FRORAES DO IDIOMA GALEGO

  1. Comentario a min mesmo, pero coido que é de interese, porque indica que Borges falou algunha outra vez para a comunidade, en concreto, no ano 1964, porque ese ano, o 15 de abril, Francisco Luís Bernárdez escribe carta a Ramón Piñeiro e dille: … Falarei, como te digo, con Borges, a pesar de barruntar que iste non ha de ter a conferencia escrita. Il improvisa. É cego. E só si grabaron as suas verbas encol do idioma galego hay espranza de conseguir literalmente o texto. Ou faceno que Borges queira intentar unha reconstrucción do que dixo. Deixame o asunto pol-a miña man.
    A carta está deposita na Fundación Penzol e facilitouma Malores Villanueva. Supoño que Paco Bernárdez non logrou o obxectivo, porque de telo conseguido, xa coñeceriamos ese texto de Borges, non si?

    Gústame

Os comentarios están pechados.