Levo trinta anos convivindo cunha escultura de Soledad Penalta. Trátase dunha peza que representa dous rostros que conviven en harmonía, unidos e autónomos ao tempo; cerámica refractaria, feita en barro cocido a moi alta temperatura, o que lle dá un certo ser volcánico, moi acaído á peza. Foi agasallo dela cando Maribel e eu acordamos formalizar a convivencia no rexistro civil.
Coincidimos moitas veces. Recitais, inauguracións de exposicións de pintura ou de escultura, presentacións de libros. Compartimos amigos. O sábado pasado, no centro Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, puiden ver a súa última proposta: Esculturas do día a día. Saín fascinado.
Soledad é señora dos materiais, da terra, do ferro e das palabras. Digo o de señora no sentido recollido polo dicionario: persoa de certas propiedades, con autoridade. Francisco González, na inauguración, referiuse a ela como a gran dama da escultura galega.
Todas as pezas da exposición, e son moitas, están feitas con material metálico, ferro e aluminio. Porén, carecen de peso, levedan ou elévanse, no sentido expresado por Gaston Bacherlard respecto da obra poética. Porque hai moito de poema na exposición, xa dende a frase que serve de marco e reflexión e que expresa a suspensión da sílaba e da palabra. Acaso por iso, case todas as esculturas xogan coas palabras. Moitas semellan ser tránsito de anxo, pegadas de luz, construídas con sentido musical.
Vin a exposición coa miña nai, quen interpretou as figuras antropomórficas recortadas e que se soldan ás formas, como flores, cousa que seguro gustará saber a Soledad.
Hola Chisco.
Menuda sorpresa. Estou ainda reaccionando. Gustoume ver a escultura de refractario. necantoume a definición das flores, as fotografias, e que che gustara hasto o estreme de animarte a escribilo.
Graciñas. Unha aperta.
GústameGústame
A min encantoume ver a exposición. Si, gustoume moito, moito.
GústameGústame