Quizais algún dos primeiros lectores deste blog, lembre unha entrada do 13 de maio de 2013, na que refería o que me contaba Tacho, a propósito de Richard Fariña, o cantante que axudou a debutar a Bob Dylan e que foi cuñado de Joan Baez, por estar casado coa súa irmá Mimi.
http://fernandeznaval.blogaliza.org/?s=Richard+Fari%C3%B1a&submit=Buscar
É Tacho de novo quen atopou este enlace cun artigo do xornal La Opinión. Nel queda clara a galeguidade de Fariña e tamén unha parte importante da súa biografía, con esa referencia final a unha Galicia idílica que non sabemos se visitou. Fáltanos por saber iso e a orixe do pai.
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/03/28/padrino-gallego-dylan/370598.html
Aquí deixo esta outra interpretación de Mimi e Richard, neste caso Pack Up Your Sorrows, que soa así de nostálxico.