EVA VEIGA: UN VENTO DE AMOR

Eva Gala das Letras 2015Compartimos estes días moita alegría arredor de Eva Veiga. A primeira por tela aquí, entre nós, sequera un par de semanas. A segunda porque o seu libro A distancia do tambor mereceu o premio, na modalidade de poesía, de entre os convocados e concedidos cada ano pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A imaxe que acompaña este parágrafo corresponde á gala de entrega. Este enlace lembra a nova que se daba aquí, cando a publicación do libro:

http://fernandeznaval.blogaliza.org/2014/06/18/eva-veiga-a-distancia-do-tambor/

Onte estivo na casa, visitando a Maribel, convalecente. A intensidade e aEva Maribel emoción do encontro forma parte do íntimo. Comparto esta imaxe das dúas, logo do abrazo. Foi un momento feliz, na ledicia de estaren de novo xuntos, tras varios meses sen nos ver. Trae o sol de Torrox na alma e no corpo, que se percibe en forma, pola dúcia de quilómetros que camiña cada día.

A terceira alegría foi a decisión do xurado, encargado de fallar o premio de poesía de Carral de este ano, de concederllo ao seu libro: Soño e vértice. A el pertence este poema, que a xeito de anticipo comparto convosco:

Hai un lugar con auga e canaveiras
na miña imaxinación.

É un lugar de difícil acceso
e non sei realmente o que alí acontece.

O meu corazón detense
a unha distancia prudencial
e vólvese xa remando.

Sen afondar.

Advertisement

4 opinións sobre “EVA VEIGA: UN VENTO DE AMOR

    • É que foi moita a emoción a vivida. Eva e eu acordamos non avisar a Maribel da visita. Eu baixei ao supermercado e volvín con ela…

      Gústame

    • Na miña opinión, o dos premios supón a posibilidade de facer visible unha poesía esencial, cun fondo humano e de reflexión pouco frencuentes, unha poesía necesaria, pero que moita xente de aquí, tamén os lectores de poesía, e dende logo, de fóra, descoñecen. Eu dicíalle a ela que a miña sensación era a de superación de límites, non seus, quizais tampouco impostos, pero que si existían aí fóra.

      Gústame

Os comentarios están pechados.