BARRANQUILLA

Xa en Colombia, en Barranquilla, logo de 25 horas de viaxe e tres avions. O festival de poesia empeza o martes pola tarde. Hoxe tocou descanso, na praia de Porto Colombia, peirao tan importante noutrora e que hoxe non existe, pero iso contareino no regreso. O rio Magdalena baixa navegable, con abundancia de auga e corrente, e nelas, os materiais da selva. Hoxe descubrin un almacen de crebas tropicais fantasticas. Esta e a proba. Vedes que van sen acentos as silabas que as requiren, pero son cousas dos teclados.

Creba Barranquilla

Marabillosamente acollido por Carolina Zamudio, a miña amiga poeta, por Gustavo, o home, por Rocio e Delfina.

CAM00896

Unha opinión sobre “BARRANQUILLA

  1. Pois si que son boas as crebas aí!!! xa contarás do recital, que seguro que foi marabilloso, e nun estadio!!! cambiar o futbol por poesía, iso encántame 🙂 a ver se se enche. Bicos dende este azul.

    Gústame

Os comentarios están pechados.