COLOMBIA: AGUDIZANDO AS CONTRADICIÓNS (II)

VIOLENCIA:
Uno coge una muchacha y hace el amor (Javier Ignacio Ramírez, 6 años)
Parte mala de la paz (Sara Martínez, 7 años)
Es cuando se pela la gente (Natalia Montoya, 7 años)
Si la violencia se hace en el país, yo me voy (Yeny Andrea Rodríguez, 8 años)
SICARIO:
Asesinato apagado (Juan Carlos Castaño, 12 años)
SANGRE:
Es lo bueno de Dios (Efrén de Jesús Osorio, 12 años)
La sangre es cuando uno mata a un amigo (Paula Andrea López, 9 años)
POLICÍA:
Es el que quiere que la paz termine (Sandra Milena Gutiérrez, 11 años)
MUERTE:
Es el país (Jorge Andrés Giraldo, 6 años)
GUERRILLA:
Es un montón de policías (Blanca Nidia Loaiza, 11 años)
GUERRA:
Es un juego que jugamos los niños de ahora (Paula Andrea Franco, 9 años)
Es cuando matan a los otros (María Alejandra Soto, 10 años)
Es estar la vida desordenada (Sandra Eliana Ramírez, 8 años)
Gente que se mata por un pedazo de tierra o de paz (Juan Carlos Mejía, 11 años)
DESPLAZADO:
Es cuando lo sacan del país para la calle (Óscar Darío Ríos, 11 años)
CAMPESINO:
Que son desplazados (Edwin Alexander Hoyos, 8 años)
ASESINATO:
Quitarle lo mejor a una persona (Juan E. Restrepo, 9 años)
PAZ:
Es para unos que matan mucho (Jonny Alexander Arias, 8 años)
Cuando uno se perdona (Juan Camilo Hurtado, 8 años)
Es el fruto de la tierra que todavía sobrevive (Lina María Murillo, 10 años)

Estas son algunhas das palabras e as definicións dadas polos nenos á proposta de Javier Naranjo, hoxe editada en libro e do que penso que xa falei, Casa de las estrellas -El universo contado por los niños-

Empecei o alfabeto polo final a propósito e a propósito, tamén, crebei a orde, para rematar coa paz e, sobre todo con esas dúas interpretacións que desa palabra fan Juan Camilo Hurtado e Lina María Murillo. Sen dúbida, dende a súa espontaneidade e aparente inocencia, os nenos debuxan, nas súas propostas de definición, a recente historia de Colombia.

Cando viaxo, gústame achegarme á realidade do país que visito, a través da literatura,Héctor tamén da actualidade, en ocasións axudándome dunha guía de viaxe. Como lectura que me situase na historia recente de Colombia, escollín El olvido que seremos, de Héctor Abad Faciolince, texto que recomendo con emoción, no que o escritor describe a relación co seu pai, o médico, tamén el escritor, e sempre defensor da liberdade e da paz Héctor Abad Gómez, asasinado polos paramilitares, xunto co seu amigo Leonardo Betancur, o 25 de agosto de 1987. Nun parágrafo dese libro, Héctor, o fillo, escribe:

Los tristes asesinos que le robaron a él la vida y a nosotros, por muchísimos años, la felicidad e incluso la cordura, no nos van a ganar, porque el amor a la vida y a la alegría (lo que él nos enseñó) es mucho más fuerte que su inclinación a la muerte. Su acto abominable, sin embargo, dejó unha herida indeleble, pues como dijo un poeta colombiano, “lo que se escribe con sangre, no se puede borrar”.

Nos días que durou a miña viaxe, procurei estar atento, na medida do posible, ás informacións sobre as negociacións de paz de La Habana, entre o Estado colombiano e as FARC. Lera poucos días antes de marchar un artigo, no que o autor aseguraba que o exército colombiano non quería a paz e que facía todo o posible por impedila. Porén, a finais de xullo aprobouse na mesa de negociación un dos  puntos máis complicados e complexos. Si, Colombia terá comisión da verdade, formada por dez membros. O seu traballo será procurar, en tres anos, determinar quen causou cada unha das matanzas e asasinatos indiscriminados, quen causou a dor. O seu traballo non terá valor xurídico, si moral, imprescindible para que feridas coma a de Héctor Abad e a súa familia, poidan curar. O único efecto xurídico será para aqueles que, colaborando coa comisión, deban enfrontar algunha responsabilidade diante da xustiza. Esa colaboración poderá supoñer beneficios nas condenas. Falta por aprobar ese punto precisamente, o das responsabilidades.

Bogotá memorial 1

En Bogotá, á beira do cemiterio, construíron o “Centro por la memoria, la paz y la reconciliación“, que vén sendo coma un memorial. Arriba, sobre o céspede, os mausoleos e os nichos. Logo un xardín escultórico, con alegorías á concordia e á paz e baixo terra un centro cultural ou de interpretación, con aulas, salas de exposicións, biblioteca e todos os servizos habituais neste tipo de centros. A exposición que exhibían o día no que eu fun, titulábase “Voces de mujeres constructoras de la paz”. Construtoras da paz e vítimas da violencia, que sabemos que o corpo da muller é utilizado como campo de batalla en todos cantos conflitos que se desenvolven hoxe no mundo. Isto está relacionado coa primeira das definicións dos nenos, esa referida á violencia de Javier Ignacio Ramírez, de 6 anos: Uno coge una muchacha y hace el amor.

Na exposición, en dous paneis, penduraba un longo poema. Fixen dúas fotos, pero non sei cal foi a razón pola que a segunda, onde estaba o nome da autora, non saíu. Busqueino e non o atopei, pero si me parece importante deixar aquí constancia do texto:

Bogota memorial 3

Tres meses. Ata novembro. Ese é o prazo que dá o exército colombiano para finalizar as conversas de La Habana. Se  a paz non se consegue nese tempo, retomará as armas para conseguir a vitoria militar. Tres meses. Canta xenerosidade non deberá poñer sobre a mesa a sociedade colombiana? Cantas contradicións non deberá superar?

Bogota memorial 2Estou cos que procuran a paz, sen prazos e sen data, estou con Juan Camilo e con Lina María e as súas fermosas definicións de Paz. Estou cos colombianos e, desexaría, tamén para nós, unha comisión da verdade sobre a Guerra Civil e a ditadura,  único xeito de conseguir que as feridas curen para sempre.

Advertisement

Unha opinión sobre “COLOMBIA: AGUDIZANDO AS CONTRADICIÓNS (II)

  1. Gustoume moito este post. A paz sempre debe levar consigo a sandación das feridas, e non digo xa cicatrización, proceso moito más lento e que imaxino levaría deixar de odiar a quen asesinou ou violou a quen tí queres. Se non é así, a paz non é completa. Proceso se acabar, completar e acadar aqui tamén.
    As respostas dos rapacxs deixan ver unha infancia velada por vivencias extremas, de dor que imaxino sentirán e escoitarán nas súas casas, na familia, no cole, cos amigxs, na rúa. Eu, por tentar explicarlles un pouco a situación alá e en motos países aos nosos fillos, fíxenlles esas mesmas preguntas, antes de lerlles as respostas dos de alá. Xa na pregunta veían un xogo, e non lle doían as palabras como imaxino lle doerían a eles. Despois linlles as dos rapaces colombianos e expliqueilles o porque delas xa que non entendían q puideran dicir aquelo.

    Gústame

Os comentarios están pechados.