AROU: OS CANTÍS DA MORTE

Envíame Fernando, da confraría de Muros, esta curtametraxe titulada Falaises de la mort, do  francés Ernest Alfter, realizada en 1950, sobre a vida dos pescadores de Arou. Ten, penso, un innegable valor antropolóxico e etnográfico, polo que me parece oportuno compartila aquí.

2 opinións sobre “AROU: OS CANTÍS DA MORTE

  1. Unha forte aperta, amigo Xisco. Reportaxe emouvante, que dirian os franceses que a fixeron.
    Estarrecentes imaxes finais , Manolo cambaleando polos penedos, axudado por outro mariñeiro.
    Hai belísimas imaxes de mar, que o preto e branco realzan.
    Moi emocionado. Indicase que o filme é de 1950. Cando eu descubrín, por razóns de traballo, a Camelle e Arou, non o vin moi diferente do como aparece no filme. Isolados de todo, contra o mar, contra o mundo, fora do mundo, todo penedo bravo, casas, hórreos, todo penedía. Sen hortas. Duma beleza antiga,
    destemida. E tantiña pobreza (dígolle do ano 1968, no do 50…).
    O meu compañeiro e eu ficamos pampos.
    Moítisimas grazas por compartir, Xisco.

    Gústame

  2. Pingback: As crebas » Arou na curtametraxe Falaises de la mort, de Ernest Alfter

Os comentarios están pechados.