A GUERRA DE SIRIA NO ESTUDIO DE ALI ALI

Xan Arias e máis eu, estivemos onte no estudio de Ali Ali. Compartimos a tarde con el e co equipo de produción do programa da TVG: Como galegos. O equipo pasa un día enteiro cunha persoa procedente doutro país, que vive connosco. Visitan a casa, comparten fogar e xantar, traballo, conversa con amigos. Xan, como editor de Trifolium, e eu como escritor, contabamos a nosa relación con Ali Ali e como levamos adiante o proxecto do libro Suleiman y Salúa. Ali Ali tamén pintou para eles.

Hoxe está traballando un cadro de formato grande, 2 x 2 m. que ten como referencia a guerra en Siria. Nel pintou, ao tempo que falaba. A min impresionoume o cadro, aínda a medias. Todo o conflito sostido pola cabeza dunha muller, que no universo de Ali Ali é sinónimo de inocencia. Todo resumido nese caos de tanques, vehículos bomba, drons e avións, fusilamentos e barbarie que escurece a tea como a nube dun chuvasco pesado e daniño. Pedinlle permiso para compartilo aquí e aquí o deixo. A dereita podedes ver a súa man, traballando co pincel a figura dun neno que foxe.

Ali guerra 2

 

Advertisement