A PAIXÓN DO COTIÁN

Fun ver a película A xuventude de Paolo Sorrentino. Penso que o título orixinal é Youth, e digo isto porque o director é italiano e italianos, suízos e franceses son os cartos. Gustoume moito. O tema non é doado, unha ollada cara atrás e cara adiante, da man dos personaxes que interpretan Michael Caine e Harvey Keitel. Atrás e adiante, horizontes xa inalcanzables para eles. Na miña opinión, a proposta estética, quizais por veces excesiva, axuda a mellor levar un tema que sen ese adobío podería causar a depresión do espectador maior e a deserción da xente nova. O guión é moi bo, fondo nos diálogos cando é necesario, e con momentos de humor. Os minutos de Jane Fonda son formidables.

Paréceme que a nómina de personaxes que se reúnen no hotel de luxo de Suíza -un lugar imposible para o común da xente, como imposible era a Roma que viamos en A gran beleza-, compréndense dende a perspectiva do actor que leu a Novalis e debe interpretar a Hitler, cando nos fala da paixón. Nada hai neles de cotián, por máis que o personaxe de Caine diga que finalizadas as vacacións regresará á rutina. Pero todos eses seres: Maradona, o monxe budista, o escalador… viven ou viviron a súa paixón e ese é, paréceme, o nó da película.

lahuellacartelSon seguidor de Michael Caine, dende aquela La huella de Joseph Mankiewicz, que vin, quizais, con 13 ou 14 anos no Xesteira; película na que el e Laurence Olivier mantiñan un duelo interpretativo extraordinario e inesquecible para min.

Agora, nesta de Sorrentino o diálogo, -non exactamente un duelo-  é con Harvey Keitel. Admiro a Keitel. Sei que estivo a piques de deixar o cine por aquela decisión de Coppola o Grande, de substituílo polo noso Martín Sheen, en Apocalypse Now. Pero soubo superar aquel momento difícil e atopou o seu camiño no cine independente ao que se entregou: O piano, Pulp Fiction, Thelma & Louise e ao meu ver, sobre todo, Smoke de Paul Auster e Wayne Wang. Nesa película gañoume para sempre.

Tamén nesa película hai paixón, a paixón do cotián, expresada na teima fotográfica do protagonista, que cada mañá, á mesma hora, toma unha imaxe da rúa e da esquina que olla dende a porta do seu negocio, un café-tenda de revistas e tabaco. Miles de fotografías que semellan retratar o mesmo, pero que son todas diferentes. Xa di el que un día chove e outro vai sol, un neva e outro venta, pasan pola beirarrúa diferentes persoas e pola rúa coches distintos… Eu lembro esa teima súa cada día, cando vou ao traballo. Paso sempre á mesma hora polo mesmo traxecto. Son 300 metros dende o coche ata a escaleira, pero procuro sentir neles a paixón do cotián, a riqueza do día; cada mañá a mañá, como se fose única, a última. Lembro o personaxe de Keitel e busco a diferencia ou o matiz, onte era a lúa chea, hoxe no principio do devalo; dentro dun mes será o amencer; poden ser planetas aliñados, o canto dun merlo na sebe de mirtas, a estridencia das gaivotas, o matrimonio de xubilados que sube no mercedes cada mañá á mesma hora para ir á aldea; a ansia por ver ás persoas que quero na oficina, por compartir un sorriso.

Son lector de Auster, pero admiro a súa capacidade para traballar con eficacia outros rexistros, como o cine. Smoke gustoume moito. En Brooklyn fun á encrucillada da Terceira coa Sétima Avenida só por ver o espazo do film. Iso foi no 2014. Está a esquina, pero non o local que valeu de localización para a película. Gústame moito este trailer, no que Tom Waits interpreta esa canción marabillosa Innocent when you Dream. Aí está o soño desa avoa cega por recuperar seu neto en Noiteboa. Polos soños.  

Advertisement

LA NUIT DE L'IMPROVISATION

Foi Silvia, a filla de Olga e de Gumersindo Álvarez, -o amigo co que empecei a escribir e que ten categoría propia neste blog-, quen pensou nos meus poemas para que o músico Thierry Escaich realizase unha improvisación musical coa que participar na “noite da improvisación” organizada por France Musique, en colaboración co Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París, onde estuda Silvia.

Escolleu ela poemas de Ara Solis, por teren tradución en francés. A composición de Thierry Escaich, así como fragmentos da entrevista realizada por Silvia, poden escoitarse aquí. O texto final é o da información recollida na páxina do Conservatorio.

Thierry Escaich é un dos grandes compositores franceses contemporáneos. Escoitar esa música que bebe naqueles versos, é para min unha emoción que quero compartir.

http://www.conservatoiredeparis.fr/nc/voir-et-entendre/enregistrements/article/jusquau-bout-de-limpro-portraits-dimproviseurs/

Six portraits de six artistes de 6’ chacun environ, (Sylvie Berthomé, Médéric Collignon, Thierry Escaich, Riccardo Del Fra, Vincent Le Quang, Alexandros Markeas) tous professionnels de l’improvisation et enseignants au Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris.

Sur une idée initiée par le Conservatoire, grâce à une riche collaboration avec Anne Montaron, ces portraits ont été réalisés par six duos associant un élève de la classe des Métiers de la culture musicale (professeur, Lucie Kayas) à un élève de la Formation supérieure aux métiers du son (Alexandre Tanguy, Denis Vautrin).

Six séquences qui permettront de passer d’une improvisation à l’autre de cette folle nuit organisée par France Musique en partenariat avec le Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris : « Jusqu’au bout de l’impro ».

L’évènement sera diffusé en direct sur www.conservatoiredeparis.fr et surwww.francemusique.fr.

Inscrivez-vous à l’évènement sur Facebook

Tous les détails de l’évènement dans l’agenda

  1. Vincent Lê Quang, enregistré par Georges Ledoux, Anaïs Georgel et Colin Lardier
  2. Thierry Escaich, enregistré par Silvia Alvarez, Alexandre Laurent et Julie Grisel
  3. Médéric Collignon, enregistré par Léo Duprey et Simon Becquet
  4. Riccardo Del Fra, enregistré par Pierre Dutilleux et Valentin Bauer
  5. Sylvie Berthomé, enregistrée par Nastasia Matignon et Alice Ragon
  6. Alexandros Markeas, enregistré par Lucie Kayas et Paul Alkhallaf

SAN AMARIÑO DE OIRA

San Amaro 1Día do San Amaro, festiña de Oira, este ano de sol e luz. Pouca xente na misa. Esta é a única misa á que eu vou de maneira voluntaria en todo o ano. Acompaño á miña nai á capela. Logo virán ou non outras misas por obriga social: vodas ou funerais. Este ano veu moi pouca xente. Hai unha fractura social na parroquia, que iso non é cousa exclusiva de Cataluña, o malo é cando afecta a un lugar de cento e medio de habitantes. Fíxose procesión, levando a imaxe no colo, que é pequena, porque estragou o enganche das angarellas. As mulleres que o levaron fixérono con tenrura, case con tanta como a expresada por Carolina Bescansa co seu fillo no Congreso.

San Amaro 3

San Amaro 5A capela de San Amaro é cativa de todo, garda proporción co santo. Forma parte dun edificio que foi conventiño de monxas ata aSan Amaro 2 desamortización. Pertencía a Oseira. Agora é vivenda privada, pero mantense a capela e a devoción. Quedan pegadas do que foi. Esa fiestra con escanos, o sinxelo retablo da virxe, o san Bieito ou o escudo.

No ano 2014, na entrada deste día, compartín o retranqueiro poema de Valentín Lamas Carvajal, sobre o San Amariño de Oira, que aconsello ler porque é moi divertido.

http://fernandeznaval.blogaliza.org/2014/01/14/san-amaro-de-oira/

Tamén ten canción, composta por Manuel de Dios e interpretada pola Coral de Ruada:

Festa, festiña de Oira,
festa do santo Amariño
naquel campo tan fermoso
ata baila o río Miño.
                                      É un santo milagreiro
                                      o noso santo Amariño,
                                      non faltará boa vitela
                                      e bo viño do ribeiro.

BAR CORTÁZAR

Contoumo hai poucos días a Patricia Alonso, a miña amiga porteña, con orixe familiar en Celavente, O Bolo; irmá do escritor galego arxentino Rodolfo Alonso. En Palermo, na esquina Medrano e Carrera, abriron un bar novo que lembra e rende homenaxe a Julio Cortázar. En Palermo, non moi lonxe, a unhas dez cuadras, estaba xa a praza Cortázar.

http://www.elvigia.net/cultura/2015/12/31/abren-tematico-honor-cortazar-222060.html

Patricia manda unhas fotos tomadas pola súa amiga Delfina Blanco. Elas, xunto con Isabel Otero e Zulema Rodríguez, as catro fillas da galeguidade, decidiron achegarse e coñecelo. Xa dera conta aquí do que abriron en Banfield, o barrio onde medrou Julio, e está o London, que mantén o seu particular museo e unha colección de edicións da novela Los Premios, que en parte escribiu alí e tantos outros lugares que conservan unha foto, un libro, unha lembranza del.

De esquerda a dereita: Isabel, Patricia, Delfina e Zulema

De esquerda a dereita: Isabel, Patricia, Delfina e Zulema

Aquí hai quen afirma que Cortázar non foi escritor arxentino. A min iso paréceme un tópico e unha tontería. A resposta dos lectores alá e a realidade de cousas como este bar, falan dun escritor que mereceu o amor non só nos lectores, senón da colectividade, aínda vivindo lonxe.

Bar Cortazar 3

Alégrame, tamén, ver que a sensibilidade do artista levouno a retratar a Julio con Aurora nun dos murais, lembrando esa fotografía famosa da viaxe á India. Para min é de xustiza.

Bar Cortázar 1

Xa teño gana de ir e merendar unha picada. Quedei con Patricia en iren xuntos en canto nos sexa posible. Será con Julio.

MAPA DE BLOGS EN GALEGO

Nun comentario deixado onte na entrada que corresponde ao artigo Monçao, Xabier Pérez Igrexas comenta o intento de cartografar a paisaxe de blogs en galego. Deixo aquí a súa mensaxe e a súa primeira aproximación. Se alguén quere engadir enderezos de blogs ausentes na relación (faltan moitos), poderá facelo, supoño que a través do seu comentario no artigo de Monçao ou directamente a el. 

 

PRIMEIRO MAPA DA NOVA CARTOGRAFÍA DO BLOGOMILLO

Hai un par de semanas fixen un improvisado chamado a cartografíar o blogomillo para o revitalizar, axudando a nos (re)encontrar as diferentes eiras que compoñemos o seu territorio. Manolo Bragado acolleu con agarimo esa proposta, non só asumíndoa senón ofrecéndose xenerosamente a axudar a facela realidade. Foron moitas as que o secundaron, partillando o apuntamento no que a formulei. Moitas cadramos na necesidade da tarefa de indexarmos de novo o blogomillo, pero sen sabermos exactamente de que maneira, nin tampouco quen podería facelo.

O pasado día 9, Pedro Silva (o corazón de Blogaliza, a quen tanto lle debe o blogomillo) daba o primeiro paso publicando un bosquexo de “mapa no deserto”. Unha recompilación de blogues en galego, incompleta pero indispensábel, incluíndo as bitáculas máis visitadas de Blogaliza e tamén aquelas que xa foran indexadas polo twitter@blogsdopais. Un traballo que resultou nun ficheiro OPML, co que calquera puidermos importar esa relación de 72  blogues ao noso lector de feeds. Pode descargarse desde aquí.

Un inxente traballo que lle agradezo inmenso e que con certeza é a primeira pedra para a reactivación/reinvención do blogomillo. Ao seu esforzo quixen engadir un pequeno grao de area propio, consistente en converter esta primeira versión do directorio nunha listaxe de URL (dispoñíbel ao remate desta entrada). Fágoo a sabendas de que non todo o mundo emprega lectores de feeds (inda que poida resultar incríbel) e tamén para facilitar a súa difusión. Neste senso,lanzo desde aquí a proposta de que todos os blogues recollidos publiquemos este “primeiro padrón de habitantes do blogomillo” nas nosas bitáculas, nunha caste de meta-blogroll colaborativo.

Aliás, fago miñas as propostas que suxeriu Bragado: a creación dun novo servizo de sindicación dos contidos de todos os blogs; a realización dunha quedada ou encontro anual arredor do blogueo en galego ou a creación duns premios anuais que axudasen a visibilizar a súa diversidade e a pór en valor a súa excelencia.

Para que esas e outras ideas teñan opcións reais de se facer realidade (neste 2016?) propoño poñermos en marcha como primeiro espazo de encontro (aberto a todas as blogueiras que quixeren colaborar) unha lista de correo do blogomillo [anímaste a creala Pedro Silva?].

Primeiro padrón de habitantes do Blogomillo

  1. Axenda cultural AELG http://axendaaelg.blogaliza.org
  2. A profa http://aprofa.blogspot.com
  3. A Biblioteca de Fillos de Galiciahttp://abibliotecadefillos.blogaliza.org
  4. A canción do náufrago http://franciscocastro.blogaliza.org
  5. A dous kilometros http://adouskilometros.blogaliza.org
  6. A noite branca http://fernandeznaval.blogaliza.org
  7. A.N.P.A. Brigantium http://anpabrigantium.blogaliza.org
  8. Aí vai Nebra!!! http://nebra.blogaliza.org
  9. As crebas http://crebas.blogaliza.org
  10. As escollas electivas http://asescollaselectivas.blogaliza.org
  11. Aula de Carmela http://carmelagarcia.blogaliza.org
  12. Aula de Lingua http://auladelingua.blogaliza.org
  13. Aula de Literatura http://auladeliteratura.blogaliza.org
  14. Blog da biblioteca http://etikeles.blogaliza.org
  15. Brétemas http://bretemas.gal
  16. Caderno da crítica https://cadernodacritica.wordpress.com
  17. Caderno da crítica http://cadernodacritica.blogaliza.org
  18. Canto Ghalpón http://cantoghalpon.gal
  19. Capítulo 0 http://www.manuelgago.org/blog
  20. Carta Xeométrica http://cartaxeometrica.blogspot.com
  21. Chove en ningures http://ningures.blogaliza.org
  22. Ciber Andainas http://ciberandainas.blogaliza.org
  23. Cineclube de Compostelahttp://cineclubedecompostela.blogaliza.org
  24. Contradiscurso http://contradiscurso.blogaliza.org
  25. Criticalia http://armandorequeixo.blogaliza.org
  26. Cultura e Ocio http://culturaeocio.blogaliza.org
  27. Curdistam http://curdistam.blogaliza.org
  28. De baleas http://debaleas.blogaliza.org
  29. Dedoscomovermes http://dedoscomovermes.blogaliza.org
  30. Eira da Xoana (Adega) http://eiradaxoana.blogaliza.org
  31. Escola de Randufe http://ceiprandufe.blogaliza.org
  32. Ferradura en tránsito http://xmeyre.blogaliza.org
  33. GCiencia http://www.gciencia.com
  34. Hooligans fendetestas http://hooligansfendetestas.blogaliza.org
  35. Lapsus distribuidora http://lapsusdistribuidora.blogaliza.org
  36. Lingua e Literaturahttp://linguaeliteraturabacharelato.blogaliza.org
  37. Mallando no Android http://mallandonoandroid.gal
  38. Meis http://meis.blogaliza.org
  39. Mercedes Queixas http://mercedesqueixas.blogaliza.org
  40. Metrópoles Delirantes – Cómichttp://www.metropolesdelirantes.com
  41. Mirando polo noso http://xoanantonperezlema.blogaliza.org
  42. Monte do Cachelan http://montedocachelan.blogaliza.org
  43. Nigra Mors http://nigramors.blogaliza.org
  44. Novenoites http://novenoites.blogaliza.org
  45. O blogue de Manuel Mera http://manuelmera.blogaliza.org
  46. O blogue do Carlos Callón http://www.carloscallon.com
  47. O burato do Tesouro http://oburatodotesouro.blogaliza.org
  48. O Espiño Dixital http://oespinhodixital.blogaliza.org
  49. O fervedoiro http://ofervedoiro.blogaliza.org
  50. O traveseiro http://otraveseiro.blogaliza.org
  51. O viticologo dos bagos http://viticulturista.blogaliza.org
  52. Olimpiadas Populares Galegashttp://olimpiadaspopularesgalegas.blogaliza.org
  53. Organización Galega de Comunidades de Monteshttp://orgaccmm.blogaliza.org
  54. Os Irmandiños de Vincios http://osirmandinhos.blogaliza.org
  55. Pensamento Livre http://pakolas.blogaliza.org
  56. Planetatreszetas http://planetatreszetas.blogaliza.org
  57. Portal Galego da Língua http://pgl.gal
  58. Premio Pérez Parallé http://premioperezparalle.blogaliza.org
  59. Primeiro andar http://primeiroandar.blogaliza.org
  60. Proxecto Buserana http://proxectobuserana.blogaliza.org
  61. Qadriños http://qadrinhos.prazapublica.com
  62. Sala do perello http://saladoperello.blogaliza.org
  63. Surf Galicia http://www.surfgz.com
  64. Suso de Toro http://susodetoro.blogaliza.org
  65. Tempos Galegos http://temposgalegos.com
  66. Tirar do fío http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org
  67. Toponimia de Vigo http://toponimiavigo.blogaliza.org
  68. Trabalingua http://trabalingua.blogaliza.org
  69. Un ollo de vidro http://unollodevidro.blogspot.com
  70. Vigo a 80 revolucións por minuto http://vigo80rpm.blogaliza.org
  71. Xavier Alcalá http://xavieralcala.blogaliza.org
  72. Xunto á xunqueira http://pontevedranorte.blogaliza.org

MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

Onte conmemorouse o centenario do nacemento do poeta Miguel González Garcés. Quixera sumarme eu á celebración, lembrando este fermoso poema seu:

O home é por sempre unha flor de esperanza.
Quizais o verán xa murchou.
Mais a chuvia de outono
pode erguer as herbiñas cun verde argalleiro.
E as frautas soan.
Pingas de orballo novo
pousan no amor das almas.
E os anxos arrólanse no canto das raiolas
e manseliñamente, bailan, bailan. 

En decembro de 2014, un grupo de familiares e amigos, xunto coa AELG e a colaboración da Biblioteca que leva o seu nome, organizaramos un acto de homenaxe, o día no que se cumpría o 25 cabodano do seu pasamento, esta foi a referencia que quedou no blog.

http://fernandeznaval.blogaliza.org/2014/12/12/miguel-gonzalez-garces/

Polo camiño e polo empeño do seu fillo Alberto, aquela homenaxe transformouse en libro, publicado por Meubook S.L. co título: Unha frol de esperanza, parte do primeiro verso do poema antes citado. O libro recolle as intervencións e material gráfico daquel serán de chuvia. A cuberta do foi deseñada por Maribel Longueira e o libro pode adquirirse a través da distribuidora Arnoia, neste correo: pedidos@arnoia.gal

Miguel González G

MONÇAO

O sábado fomos a Monçao. Quedamos alí con Xesús Franco para falar dun proxecto no que traballa, sobre o río e o mar; ou o mar e o río, que a súa visión de mariño mercante é dende o mar e río arriba. Pídeme que faga un texto que acompañe o proxecto expositivo e a iso me poñerei estes días.

O Miño, moi crecido, dende a muralla interior.

O Miño, moi crecido, dende a muralla interior.

Moita chuvia, porén foi día bonito e entrañable camiñando e falando con el. Percorremos algunhas rúas da vila, tomamos café e natas, visitamos o pazo da Brejoeira, camiñamos á

Fonte no xardín das camelia, no pazo da Brejoeira.

Fonte no xardín das camelia, no pazo da Brejoeira.

beira do río Tea e xantamos na parroquia de Porto, xa en Salvaterra de Miño, onde vive Xesús e logo demoramos na súa casa ata que empezou a caer a tarde.

Ao pazo da Brejoeira fomos no seu coche. No asento traseiro, onde eu me sentei, había un libro de Sophia de Mello Breyner, da que eu no lera case nada. Trouxen o libro para a casa e foi lectura que me acompañou onte pola noite en Ourense. Gústanme os seus versos. Moitos falan do mar e ben poderían integrarse no proxecto, velaí esta mostra:

ATLÁNTICO

Mar,
Metade da minha alma é feita de maresia. 

Un dos que me conmoveu de maneira especial, foi este titulado As fontes, sobre todo a segunda estrofa, esa contraposición entre a plenitude e o límpido esplendor coa face incompleta do amor:

Um día quebrarei todas as pontes
Que ligam o meu ser, vivo e total,
Á agitaçao do mundo do irreal,
E calma subirei até às fontes. 
                                      Irei até às fontes onde mora
                                     A plenitude, o límpido esplendor
                                    Que me foi prometido em cada hora,
                                    E na face incompleta do amor.
Irei beber a luz e o amanhecer,
Irei beber a voz dessa promessa
Que às vezes como un voo me atravessa,
E nela cumprirei todo o meu ser. 

A viaxe ofreceu outras riquezas, como saber da poeta galega que viviu en Monçao Amparo Alvear, e da principal voz poética da vila, Joao Verde, de quen colle o nome o Cine Teatro. Foi admirador da poesía do noso Rexurdimento e de Galicia en xeral, e chegou a escribir unha carta aos galegos. Pero deles os dous procurarei falar con máis vagar nos vindeiros días.

CREBA E FILOSOFÍA

Por se alguén tiña dúbidas sobre a condición de obxectos transcendentes das crebas; por se non abondasen os poemas de Eva Veiga, Soledad Pite ou Miro Villar, onte, en Carnota, moi preto da Boca do Río, atopei esta proba do seu ser filosófico que me pareceu irrefutable:

Crebas filósofo

…acaso nós sexamos a crebas/ que deixan, día a día/ unha proba apaixoada e contumaz/ da existencia incerteza. (Son estes versos poema Acaso, incluído no libro Véspera de silencio, de Sole Pite.

Cos meus mellores desexos.

NOITE DE REIS

William Butler Yeats é nome querido nesta páxina. É un dos poetas que máis admiro. O ano pasado estivo de celebración, 150 aniversario do nacemento, en 1865. Relendo semanas atrás algúns dos seus poemas, atopei un que fala dos Reis Magos e pensei, daquela, que estaría ben compartilo esta noite.

Non sei que pensaría Yeats da situación actual dese oriente do que viñan os Reis. O poema sería escrito nunha data próxima ao comezo da primeira Guerra Mundial. A situación non sería moi diferente á de hoxe. Pero penso en Rimbaud, que en 1880 está no Yemen e en 1884 chega a Etiopía para ser, entre outras cousas, traficante de armas. Si, o oriente de Melchor, Gaspar e Baltasar é, dende hai tempo, un territorio que non ofrece moito acougo a quen o habita, nin a quen o cruza, seguindo estrela ou non. Todo isto a propósito dese último verso brutal: o incontrolable misterio sobre o chan bestial. 

O chan bestial de hoxe en Siria, Iraq, Afganistán. O chan bombardeado por avións de tantos estados. Tantos mortos que non terán nin incenso, nin mirra. O chan de Cachemira, de Palestina, do Líbano, de Libia. O chan que pisan os que foxen. O propio chan de Belén. Non só o neno está hoxe espido, ou non só aquel neno.

Reis Magos 1

Admiro a forza dos soños dos cativos e a ilusión dos pais. Eses soños e esa ilusión poderían cambiar o mundo. So eles permitirán que esta madrugada os Reis cheguen aos fogares do primeiro mundo. Pero cando os vexa chegar pola regaña da porta, dentro de min seguirá batendo ese verso final de Yeats.

OS REIS MAGOS

Agora, coma sempre, podo velos, imaxinándoos,
Na súa rixidez, roupas pintadas, pálidos e insatisfeitos,
Nun visto e non visto no fondo azul do ceo
Cos seus rostros antigos coma pedras na intemperie da chuvia,
E os seus helmos de prata, roldando o un a carón do outro,
E os seus ollos fixos, coa esperanza de atopar, unha vez máis, 
-Insatisfeitos da turbulencia do Calvario-,
o incontrolable misterio sobre o chan bestial.

The Magi: Now as at all times I can ese in the mind’s eye,/ In their stiff, painted clothes, the pale unsatisfied ones/ Appear and disappear in the blue depth of the sky/ With all their ancient faces like rain-beaten stones,/ And all their helms of silver hovering side by side,/ And all their eyes still fixed, hoping to find once more,/ Being by Calvary’s turbulence usatisfied,/ The uncontrollable mystery on the bestial floor. 

(A tradución é cousa miña, como é miña a imaxe esa que se me ocorreu, que invoca nudez, chuvia e pranto. Polas dúas cousas pido perdón)

 

XULIO GARCÍA RIVAS E O ABELENDARIO

Creba 2016Estivo connosco en Lira, estes primeiros días do ano, o pintor Xulio García Rivas. Con el paseei a ribeira, malia a chuvia. Observamos paxaros, atopamos crebas, compartimos mesa, amigos e observeino traballar. Dúas mostras do que fai quedaron na casa. As dúas recollen a brétema destas mañás de xaneiro, con ese xeito tan suxestivo e sutil que el ten de pintar a néboa. Foi el quen me contou o do petroleiro que se achegou a esta costa para resolver o problema que tiña coa áncora. Por sorte, desta, a cousa quedou en nada. Moito lembrei a Xaquín Maceiras, o Director Xeral de Salvamento Marítimo, de Lira e amigo. Esta creba atopámola no paseo de hoxe.

Xulio e Chisco en Carnota

No cuarto onde o acomodamos, hai un andel con libros. Remexendo neles atopou un de hai ben anos, titulado El Abelendario, un conxunto de debuxos de Alfonso Abelenda, publicado pola editorial Planeta en 1972, e que supoño que recollen parte do seu traballo gráfico para La Codorniz. Eu xa non o lembraba.

Xulio admirouse da actualidade de moitos dos debuxos e mandoume reparar neste.

Abelenda

Penso que nunca ninguén me presentou a Abelenda, pero somos veciños de barrio e tomamos café no mesmo bar. Eu sei quen é el, claro, e sinto admiración pola súa pintura. Dubido que el saiba quen son eu, pero saudámonos. Cousas da boa educación.