A miña amiga Rosa Álvarez, faime por correo electrónico, este agasallo tan especial: a nana ou arrolo para un neno grande, que ela escribiu unha tarde, a finais dos anos 70 e á que lle puxo música. Como non sabía solfexo, gravouna nunha cinta de casete para non esquecela. Un día, na radio, comentoullo a Fernando Palacios. Este pediulle que lla cantase. A el gustoulle moito cando a escoitou, propoñéndolle emitila no seu programa de Radio Clásica. Buscaron estudio, el asistiuna durante a gravación e, aos poucos días, entre un Brahms e un Vivaldi, soaba esta peza sinxela e emotiva. Fernando Argéntea emitiuna varias veces en Clásicos Populares, aquel programa marabilloso co que podía aprender e rir ao tempo.
Me ha conmovido profundamente encontrar mi humilde nana dentro de esta hermosa página tuya que abarca el mundo entero. Gracias querido Chisco, amigo.
GústameGústame
Querida Rosa: a min conmoveume a túa nana, tan fermosa. Aínda que non deixaron comentario escrito, foron varias as persoas que me dixeron que lles gustara moito. Grazas por compartila comigo, connosco.
GústameGústame