Escríbeme o amigo Miro Villar para contarme, en relación co Museo do Castelo de San Carlos en Fisterra, que todo é peor do que eu dicía no artigo de onte. O Museo ou Centro de interpretación abre, pero sen Alexandre Nerium. O Castelo abriu as portas estes últimos veráns polo compromiso persoal de Alexandre, empeñado, malia as precariedades e incertezas, en amosar o centro a turistas curiosos e grupos organizados. Atesoura el na casa eses centos de poemas de poetas de todo o mundo, que invocan Fisterra e dos que botaba man de cando en vez, e cos que sorprendía aos visitantes, emocionados de escoitar, na súa boca, os versos dun poeta do seu país. Pero é que, ademais, tal e como quixen expresar onte, el forma parte do patrimonio do Castelo , el é, e así o entendemos moitos, a súa alma. Deixo aquí a información publicada pola edición local de La Voz de Galicia: