2015

Antes de nada, bo ano 2015 para compartir. Que non deixemos de soñar e que os soños se materialicen; que non deixemos de opinar, de berrar, de loitar, por un mundo mellor e que o mundo mellore; que se volatilicen os rostros da infamia, do cinismo e da hipocrisía que pretenden rexer o noso destino; que o forte sexa forte e o inocente transforme o seu tesouro en enerxía. Que para todos vivir sexa un agasallo, non un castigo. Pola amizade.

Primeiro día do ano e primeiro baño. Nunca antes me bañara no mar o un de xaneiro. A auga estaba fría, tonificante e a hora era de sol.

Solpor 1

Contra o serán puidemos gozar desta posta de sol, marabillosa, dende as penedas de Panchés, que ese sol nos alumee todo o ano, tamén nos día grisallos e difíciles.

Solpor 4