CANTO PARA PAXAROS E ORQUESTRA

Conteille a Rosa Álvarez, a miña amiga de Madrid que como ave migratoria, cada agosto retorna a Lira, o revivir en min da paixón por observar paxaros. Respóndeme con esta peza musical, do compositor finés Einojuahani Rautavaara, titulada Cantus Articus, tamén coñecida como Canto para paxaros e orquestra, do ano 1972.

Os cantos das aves son reais, gravadas en cinta magnetofónica no Ártico e nas lagoas de Limianka, para seren integrados logo na peza que consta de tres movementos: Pantano (descrición sonora), Melancolía (canto da laverca) e Emigración dos cisnes.