EUSKADI: BARCO BALEEIRO

En Euskadi constrúen a réplica dun baleeiro tradicional, daqueles que levaron aos mariñeiros vascos polo mundo, perseguindo baleas. Están nese proxecto algúns amigos, mellor dicir amigas, vinculadas ao mundo das embarcacións tradicionais e da carpintería de ribeira. Hoxe recibín este correo con novas do proceso e aquí o comparto.

“O proceso de construción da Nao San Juan segue avanzando. Hoxe venres 31 de outubro, a partir das tres da tarde, o equipo técnico de Albaola, a Factoría Marítima Vasca, enfrontará a posta da roda, unha peza estrutural do esqueleto do San Juan.

A roda da Nao San Juan componse de dous madeiros curvos que forman un arco de 5,16 m de radio, que se une á quilla por medio dun sólido escarpe; a roda é unha parte fundamental da estrutura do baleeiro. A colocación permitirá apreciar aínda mellor a forma e proporcións do casco.

balleneiro euskadi
Albaola e San Sebastián 2016 convídanvos a seren testemuñas deste fito importante e facervos dese xeito partícipes de todas e cada unha das fases da construción desta obra de arte: a réplica do baleeiro vasco San Juan.

Lembrámosvos que a Factoría está aberta de luns a domingo de 10:00-14:00 e de 15:00-18:00, e que podedes coñecer o estaleiro con percorridos tematizados en catro linguas. Toda a información referida a tarifas, situación e acceso está dispoñible na página web de Albaola (www.albaola.com).

Axúdanos apadriñando un cravo do San Juan:
http://www.albaola.com/es/site/patrocina-una-pieza

Ou compartindo o proxecto no teu entorno e nas túas redes sociais:
https://www.facebook.com/albaola.faktoria
@dss2016
@albaola

CACHALOTE E ÁMBAR GRIS

Meu amigo Xosé Manuel envíame estas dúas páxinas coa crónica da varada dun cachalote en Esteiro de Lugo. A crónica, escrita por un mestre chamado Chemi Lombardero, ten a súa miga e o que máis me chama a atención é a cobiza final polo ámbar gris, ese tesouro producido polo estómago dos cachalotes, pero non de todos, só daqueles que se alimentan de luras xigantes, como esa que hai pouco conseguiron filmar xaponeses e americanos.

Ámbar gris anacos

Mostras de ámbar gris

A lura xigante vive no fondo abisal, onde só o cachalote pode descender, grazas á materia graxa que conforma a súa cabeza, de tanta potencia luminosas, coñecida como esperma e que tamén aparece no artigo. Vencido e devorado a lura, as súas partes duras non poden ser dixeridas polo estómago do cetáceo, revestíndoas dunha materia viscosa coa que as envolve. Esta materia, en contacto coa auga e co aire, endurece. O ámbar gris, coñecido dende antigo, foi esencial para a perfumería de luxo. O paradoxo é que sendo un dos elementos máis nauseabundos da natureza, ten a propiedade de fixar os recendos todos, transformándose así en esencia, símbolo de elegancia e de voluptuosidade.

Vai a crónica de Chemi Lombardero Rico.

Cachalote en Esteiro.1Cachalote en Esteiro.2

A ECUACIÓN DOS CETÁCEOS

Hai días, Xosá Manuel Penas Patiño, sabedor de que ando dándolle voltas a un libro sobre cetáceos, envioume unha información datada o 22 de febreiro, na que se informa de que a semana anterior, na costa de San Diego, observouse un fabuloso espectáculo, máis de 100.000 golfiños nadando xuntos. Nunca antes se rexistrara dato semellante. Os expertos, que lembran que os golfiños viven en grupos reducidos, que poden chegar, como moito, aos douscentos individuos, consideran que esta xuntanza puido ter razón na abundancia de alimento nese mar, sobre todo xardas, arenques e lulas.

Daniel investigou e atopou os vídeos coas imaxes que engadiu ao seu blog. Alí as tendes. Reparade, sobre todo, no segundo vídeo. Que gocedes do espectáculo. Velaí vos vai o enlace.

http://maraoxeito.blogspot.com.es/