Disco novo de Van Morrison: Duets; Re-working the catalogue. Mentres non chega, ou mentres non chega a min, comparto este: If you love me, do disco The healing game, unha das cancións que máis me gusta e que máis quero, unha canción que escoito moitos días e a moitas horas e da que penso que ben pode ser considerada unha máis, de entre as moitas razóns, que fan que cada día nos ergamos con ánimo.
Aquí o dueto é con Brian Kennedy. Non sei se sairán xuntos no disco novo, pero aquí fano moi ben.
Unha aperta de despedida de marzo. Chega abril, mes principal para min: Daría por ti, agora, todo canto conservo, a memoria de abril, o río todo. Escribín nun poema de Días de cera.
Por iso, ao libro de versos que Artepoética.press publicou o ano pasado en Nova York,acordei chamarlle: Memoria de abril.