O vento vainos levar por uns días a Buenos Aires. Alí falarei do Soño galego de Julio Cortázar, no salón Arturo Cuadrado da Federación de Asociacións Galegas; recitarei versos con poetas porteños amigos, no Ateneo de Palermo, e darei un breve obradoiro literario.
Ao mesmo tempo, chegan aquí tres arxentinos que inician en Galicia unha xira musical por Europa. Trátase de Jorge Giuliano, Juan Vattuone e Silvana Boggiano.
Tango oculto, tres personas en un espectáculo, desarrollando la música, la palabra, la poesía, desocultando pasajes que quedaron tras una puerta, colgados de un balcón, escondidos en una boca. A esto le cantamos. Dille Giuliano a Daniel nunha entrevista promocional.
Juan Vattuone viviu o tango dende neno, grazas á su tía, a coñecida cantante e actriz Nelly Omar Vattuone. Hoxe é un dos máis importantes cantautores arxentinos. El revolucionou a visión da cidade con temas como Misántropo, Ni olvido ni perdón ou El yuta Lorenzo, nos que recupera a raíz africana do tango e tamén a esencia de onde mana: a emigración e a marxinalidade, actualizando o lunfardo, a linguaxe porteña do tango. Vémolo aquí nunha actuación no local da Esquina Homero Manzi, en Boedo.
Jorge (Pipi) Giuliano despregou un singular labor como arreglista e acompañante, colaborando con figuras como Horacio Molina, Ariel Ramírez e, sobre todo, con “la voz de América Latina” Mercedes Sosa. Así mesmo, desenvolveu unha importante carreira como autor, compoñendo un importante repertorio a partir dos textos dos poetas rioplatenses Nacho Wiky e Alicia Crest. Aquí o podemos escoitar, acompañando a Mercedes en Alfonsina y el mar.
Con eles, Silvana Boggiano, escritora, discípula de Ernesto Sábado, autora del libro Tango oculto. Ela participará no espectáculo musical, cantando e recitando, compartindo o escenario da Sala Garufa con Giuliano e Vattuone. É ela quen lembra que hai varias palabras de orixe galega no lunfardo: buraco, chantar, chumbo, farruco, grela, mancar, revirarse…
O programa que desenvolverán é o seguinte:
4 de abril. Jorge Giuliano co espectáculo “La suerte mía”. Cine Teatro Ribadeo. Lugo
9 de abril, FNAC, presentación do libro “Tango oculto” de Silvana Boggiano, publicado pola editorial Corregidor, fundada por Manuel Pampín, galego de Arzúa. Intervirán Jorge Giuliano e Juan Vattuone.
11 de abril. Tango oculto: Juan Vatruone, Silvana Boggiano y Jorge Giulano. Teatro da Beneficencia de Ortigueira. A Coruña.
12 de abril, ás 20,30 h. na Sala Garufa, “Tango oculto”, espectáculo musical con Jorge Giuliano, Juan Vattuone e Silvana Boggiano.
18 de abril. Tango oculto: Juan Vatruone, Silvana Boggiano y Jorge Giulano. Sala Ramallosa, Teo. A Coruña.
Logo continuarán a xira por Madrid e Andalucía.