A CICATRIZ BRANCA

Onte, acompañando a Eva Veiga, asistín á presentación do libro DVD, editado por Galaxia, co filme A cicatriz branca, de Margarita Ledo. Participaban no acto Margarita como directora da película, Eva como protagonista e Víctor Freixanes como editor.

A cicatriz branca

Eu xa vir a película cando a estrea no Teatro Rosalía da Coruña, pero gustoume moito estar con eles, con elas, e escoitarlles falar do feminino, do reto de traballar con actores non profesionais; de como un proxecto que empeza sendo ficción baseado no real pode transformarse en documental que fai ficción coa historia e, sobre todo, de como o actor debe conterse nunha película de ritmo lento como é esta. Quizais a definición mellor dese traballo a deu Eva cando dixo que o actor ten que aprender a falar para dentro.

Era o último acto da feira 2015, coma sempre, o principal acontecemento do libro en Galicia.

Advertisement

ELENA PONIATOWSKA EN RESISTENCIA

Son varias as entradas deste blog que teñen como referencia a Elena Poniatowska. Penso que entre todas poden axudar a comprender o carácter e a dimensión da xornalista e escritora mexicana, unha das cronistas que mellor expresan o que acontece no seu país. Xa teño falado da admiración que sinto por ela, tanto polo que escribe e como escribe, como pola súa actitude sempre firme e valorosa na defensa da xustiza e da liberdade, aínda agora, superados os oitenta anos.

Elena Poniatowska CON ESPELLO

O seu retrato, con reflectir no espello, foi tomada por Maribel na súa casa de D.F., un día de 2010 no que nos convidou a xantar. Tamén é daquel día esta outra foto que Maribel insiste en que poña, non porque estea eu, senón polo coxín que teño entre as mans, algo moi querido de Elena e que expresa o seu compromiso coas mulleres mexicanas, vítimas principais de todas as violencias que padece o país. O coxín foi feito por mulleres maltratadas e de entre todos os obxectos que adornan o salón, ela refírese a el con especial orgullo. O lema escrito na parte superior di: Viva las mujeres en resistencia. 

ELENA PONIATOWSKA, CASA

Onte foi investida doutora Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid. O seu discurso estivo centrado no significado e no valor de internet e das redes sociais, pero non por iso deixou de falar do que acontece no seu México, que tanto lle doe. Recibín esta crónica de Alejandro Gutiérrez, publicada pola revista dixital Mexileaks, á que tamén me teño referido outras veces. Como non estiven alí, para escribir a miña, quero compartila:

MADRID (apro).- La escritora y periodista mexicana Elena Poniatowska fue investida con el doctorado Honoris causa por la Universidad Complutense de Madrid, en un acto solemne en el que reflexionó sobre la revolución de Internet y las redes sociales, y el peso de éstas en la vida cotidiana, el periodismo y la política.

La autora de La noche de Tlatelolco destacó que el internet y las redes sociales “son un arma de doble filo, porque puede ser una maravilla, pero también pueden enajenar”, principalmente a los adolescentes.

Una “generación de jóvenes que caminan con la cabeza baja y la mirada perdida en una pantalla”, con los “ojos atornillados en su móvil”, que el escritor Fabrizio Mejía Madrid describió como que esa “comunicación instantánea es nuestro nuevo autismo”, dijo.

Poniatowska también reconoció el impacto que eso provoca en el periodismo escrito, debido a la inmediatez de la información en internet y su reproducción en la redes sociales, pero también cómo éstas se convirtieron en una lupa para los dirigentes políticos, de quienes, dijo, necesitan “menos face y más book”.

La escritora señaló que la información en internet y las redes sociales “ha desbancado a los periódicos”, al grado que “los quioscos en México están en vías de extinción”.

Luego dedicó un espacio a homenajear al periodismo independiente de México, recordando el reciente fallecimiento del fundador de la revista Proceso, Julio Scherer García, hecho que, subrayó, se convirtió en un acontecimiento nacional. También mencionó a la periodista Carmen Aristegui y al diario La Jornada.

“Ahora la muerte de uno de los principales opositores del gobierno (mexicano), el fundador del semanario Proceso, Julio Scherer García, el pasado 7 de enero, se convirtió en un acontecimiento nacional, a pesar de que la familia Scherer exigió total discreción. A pesar de que Julio ni siquiera tenía cuenta en Twitter, ni en Facebook”.

En este sentido, reconoció que herramientas como Twitter y Facebook propician que el reportero cibernético reemplace al viejo reportero de tinta y papel.

Poniatowska llamó a reflexionar sobre el tiempo que le dedicamos a internet y las redes sociales, y habría que tener opiniones de los especialistas, apuntó.

En esta revisión se cuestionó sobre el tiempo que un joven puede pasar en la red al día y cuánto de ello puede retener en la memoria, y sobre la importancia de la lectura de libros como Don Quijote de la Mancha, la Biblia o El Principito. “¿Somos más inteligentes desde que ponemos a freír nuestros sesos en internet?”. Ahora los jóvenes, añadió, “están más tiempo pegados a la pantalla de un teléfono que a cualquier libro impreso”.

Por otro lado, hizo un amplio repaso sobre las movilizaciones ciudadanas que se han convocado a través de los teléfonos inteligentes o las tabletas para protestar en contra de acciones del gobierno, o masacres como la de Ayotzinapa, donde 43 estudiantes normalistas fueron desaparecidos hace poco más de cuatro meses.

Elena Poniatowska fue investida con el título doctor Honoris causa por el rector de la UCM, José Carrillo, y en el decreto que le concedió este grado se destacaron sus méritos alcanzados en “su brillante carrera periodística” y su dilatada obra literaria que retrata la realidad mexicana.

Enalteció también el “compromiso social” de la escritora con los más desfavorecidos, los pobres, los indígenas y los que más sufren, así como con los jóvenes, por lo que es un modelo para las nuevas generaciones.

La académica Rocío Oviedo Pérez de Tudela resaltó la constancia de la galardonada en el periodismo y subrayó que “Elena Poniatowska es la voz más autorizada para defender a los estudiantes de Ayotzinapa, para denunciar el genocidio que está ocurriendo en Guerrero”.

Esta última imaxe corresponde ao acto de entrega do premio Escritora Galega Universal, que lle outorgou, no ano 2009, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e figura no arquivo da asociación. Con ela estamos: o seu fillo Luís; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación e eu.

Elena Poniatowska GaliciaLembrar, como remate, que a editorial Trifolium ofrece no seu catálogo varios títulos seus, algúns traducidos ao galego:

Métase mi prieta entre el durmiente y el silbatazo

Benquerido Diego, abrázate Quiela

Lilus Kikus (infantil)

E que a editorial Galaxia, no ano 2009, publicaba A filla do filósofo, conxunto de dez relatos traducidos ao galego por cinco escritoras e cinco escritores do país.

FISTERRA

Era información xornalística do sábado. A Comisión de Cultura da Unión Europea retíralle a Fisterra o selo oficial de Patrimonio Europeo, co que fora recoñecido no ano 2007.

Laméntoo e dóeme. Eu vou moito alí. Adoito levar xente que nos visita, tanto dende a Coruña como dende Lira. Alí levei a Elena Poniatowska; a Sudeep Sen, poeta indio; ao pintor americano George Rodez; a amigas e amigos de paso, coñecidos do público ou non. Tamén son frecuentes as nosas excursións polo promontorio, con amigos queridos como Lino e María, Marisa e Moncho, procurando sempre a compañía de amigos fisterráns.

O Pindo dende Fisterra

O Pindo dende Fisterra

Dende hai dous anos advertía eu un abandono grande e grave na contorna do faro. Esta percepción era compartida por algúns dos visitantes aos que servía de guía. Algún, mellor dicir algunha, chegou a pedirme que a sacase de alí. Porque era difícil convivir coa profusión de camisetas e pantalóns prendidas dos ferros das antenas, como unha instalación espectral; ou coa borralla das fogueiras na que se queiman botas e roupas sudadas do camiño, esparexida por todos os recunchos das penedas. A min gustaríame saber de onde saíu esa moda? Como se permite? e, sobre todo, como foi imaxe dunha campaña de promoción turística da Xunta? Porque, aínda demostrándose o enraizado que poida estar ese acto de queimar, non todo o que foi tradición é digno de ser conservado, e menos cando falamos de permitir prender lumes sen control, con tanto poder contaminante, en calquera lugar dun espazo tan especial e tan visitado coma este.

Deixamos queimar a goma e o coiro das botas, pero non nos importou perder o sinal marítimo do faro, a Vaca de Fisterra, que era patrimonio inmaterial querido pola xente da contorna e que si merecía ser conservado.

Fisterra 1Hai máis cousas que dicir, ao meu xuízo. O faro de Fisterra é un lugar simbólico interesante, pero probablemente o menos importante de cantos forman o conxunto patrimonial do promontorio. Pouco explica o faro con respecto ao valor simbólico do cabo no seu conxunto, tránsito entre a vida e a morte, entre o mundo de aquí e o do máis alá. O patrimonio está arriba, na parte superior, onde sempre estivo situado o facho; o lugar onde se postraría Décimo Junio Bruto e dende o que George Borrow viu os cachalotes. Alí estaba o dolmen que acollía a lenda dese ser de ultratumba que é a Orcabella; as pedras santas (na imaxe inferior) onde segundo a tradición predicou Santiago; a ermida de San Guillerme e o leito pétreo da fertilidade. Sen coñecer esas referencias, o visitante marchará sen comprender o valor de Fisterra como símbolo non só xeográfico, senón, sobre todo, espiritual e antropolóxico. Ademais, tamén arriba, está a estación Marconi, de importancia histórica nas guerras mundiais; a vista que se ofrece do horizonte oceánico, de amplitude moi superior á contemplada dende o faro; a paisaxe que ofrecen os cantís do cabo da Nave, a praia de Mar de Fóra e a vila. E aínda están a románica Santa María das Areas, co seu cruceiro e o centro de interpretación da pesca no castelo de San Carlos.

Fisterra 2

Pero todo ese espazo marabilloso está abandonado. Mal sinalizado, cos camiños enlamados, os carreiros sen limpar, os toxos e as silvas comendo as vellas pedras.

Eu nunca entendín como sendo Galicia o destino dos camiños de peregrinación, atesourando referencias como a catedral compostelá e o mito que alberga, non somos quen, como comunidade, de poñer en valor todos os elementos que o forman. No Códice Calixtino ou Liber Sancti Jacobi, non só se fala do lugar de enterramento do Apóstolo. Nas súas páxinas está Padrón, ou o lugar do desembarco; o Pico Sacro e Duio, os tres, algún máis cos outros, fóra de circuito. Os turistas e camiñantes máis sabidos que van cara Fisterra, ao pasar por Duio pregúntanse como se aprobou a barbaridade urbanística que afianza os alicerces de formigón sobre o que foi cidade de mar, anterior á vila. Ese espazo, coa praia e o val, debería formar parte das de referencia do país.

Cal é o nome desta aldea? -díxenlle a unha muller cando pasabamos onda cinco ou seis casas ruinosas nun recodo da badía denantes de entrarmos na península de Finisterra.
– Esta non lle é unha aldea -dixo a galega-; esta non lle é unha aldea, señor cabaleiro, esta élle unha cidade, élle Duyo.
Tanto dura a gloria do mundo! Aquelas cabanas foron todo o que o ruxinte mar e a moda do tempo deixaron de Duyo, a gran cidade. Agora, adiante cara a Finisterra. 

(Da Viaxe por Galicia. George Borrow, en edición de Salvador García Bodaño, editada por Galaxia)

En Duio traballou nos anos corenta Esmorís e Recamán e moitos foron as evidencias atopadas de ser este lugar principal como sitio arqueolóxico, acaso a capital dos Nerios: dende obxectos de sílex a evidencias de romanización. Duio, ademais, achega a este conxunto lenda de ser cidade asulagada.

O alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, a quen coñezo dende os días nos que traballei na Consellería de Pesca, celebra a importancia e singularidade que a Comisión de Cultura lle dá a ese espazo. Pero é que a Comisión non priva a Fisterra do selo oficial de Patrimonio Europeo porque careza de valor, senón porque recoñecendo o seu valor único, considera que non se trata como merece.

Falando da Vaca, eu invoqueina no poema Borraxeira, de Mar de Lira, que empezaba así: Berro de alén mar/ así é o bruar da luz da fin da terra/ cando a constancia da brétema absorve o espertar do día…

Pero é novidade destes días o último libro de versos de Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada, publicado por Edicións Xerais, onde lemos este poema que afirma o valor patrimonial do son de Fisterra:

brúa a vaca

en días de temporal
á noitiña
cando os barcos poden perder o rumbo
estrelárense nos cons
aínda se escoita o bruar da Vaca de Fisterra
resoando de cabo a cabo

brúa a vaca
do cabo da Nao a Fisterra, de Fisterra a Touriñán
do Vilán ao Roncudo
do Roncudo a Punta Nariga
de Punta Nariga ás Sisargas
das Sisargas a Santo Adrián

brúa a vaca
máis alto que o bradar do mare
que o zoar do vento
para non perdermos o rumbo
en tempos atroces
brúa a vaca
contra desleixo e cobiza
do Pindo a Baldaio
do Monte Branco a Traba

brúa a vaca

DORIS LESSING

O funcionamento da rede de comunicación á que acudimos deseguido paréceme admirable. Hoxe faleceu Doris Lessing e ao pouco de se saber, xa a Wikipedia e a Galipedia recollían este dato, pechando así o seu ciclo vital: “Doris Lessing, de solteira Doris May Tayler, nada en KermanshahPersia, actualmente Irán, o 22 de outubro de 1919, e finada o 17 de novembro de 2013, foi unha escritora británica, gañadora do Premio Nobel de Literatura[1] en 2007“. Isto di a Galipedia.

Admireina sempre, en particular por O caderno dourado, libro principal para min, que ten, ademais, versión en galego, publicada pola editorial Galaxia. Chégame esta nova nun momento moi particular, xa que o meu vindeiro proxecto creativo está moi vinculado a ela e, nos vindeiros meses, o noso diálogo será permanente. Espero que o resultado non desmereza demasiado da fonte orixinaria.

Buscando unha música coa que acompañar este comentario, pensei que igual lle cadraba ben esta canción que eu quero, por formar parte da banda sonora da miña biografía íntima. Aquí, un Neil Young de máis idade que cando sacou o disco Harvest, canta a canción co mesmo sentimento de sempre, unha canción que fala da colleita ou das colleitas. Así vexo eu a obra de Doris Lessing.