LA URUGUAYITA LUCÍA

A Maga, a protagonista de Rayuela de Julio Cortázar, chámase Lucía e naceu no Cerro de Montevideo, ese barrio fundado no século XIX, co nome inicial de Villa Cosmópolis, porque nel vivían emigrantes, expatriados e refuxiados de medio mundo. Gringos, en realidade eslavos, fosen lituanos, rusos ou eslovacos; galegos, tanto os  propios de Galicia como os do resto de España; tanos; gregos; xudeus; turcos, aínda sendo libaneses; armenios. O mapa coas rúas do barrio amosa un atlas universal porque cada todas teñen nome de país o de cidade e alí está representado boa parte do planeta.

É Manuel Grueiro, nacido do lado de aquí, emigrado e integrado do lado de alá, que retorna nos días difíciles das ditaduras militares ao lado de aquí, que traballou co seu irmán no mural do Cerro de Leopoldo Novoa, fornéceme estes días de información sobre ese barrio singular no que estivemos, acompañado de Xosé María Monterroso. Cousas que ten andar arredor de Cortázar, que todos os cronopios cantan e achegan información con esa alegría propia que os caracteriza.

Na novela, Cortázar refiríndose á Maga chámalle La urguayita Lucía, título dun tango que seguro coñecía, escrito en 1933 por Eduardo Pereyra, con música de Daniel López Barreto. Como a Lucía da canción, a Maga ten cabelos negros e ollos azuis. Cantouno Gardel, pero aquí deixo esta versión de Roberto Goyeneche, que xa di Paco Lores que foi a verdadeira voz do tango.