POEMARÍO FESTIVAL (I)

Case dúas semanas dende que se inaugurou a VIII edición de POEMARÍO, o festival de poesía de Barranquilla, e nese tempo non fixen case ningunha referencia a el. Debo advertir antes, sen desmerecer a ninguén, que este foi o festival de máis nivel e superior calidade de entre os que asistín, considerando, iso si, que a miña experiencia neste tipo de eventos e curta: dous festivais en Zamora de Michoacán, un en Nova York, tres edicións en Abeiro, un en Pontevedra, e ala foi toda a miña bagaxe, descontados múltiples recitais, encontros e congresos. En todos eses festivais coñecín extraordinarios poetas, pero a singularidade deste de Barranquilla foi que eran moitas as voces que acadaban a excelencia, tanto colombianas, como chegadas de fóra.

O pai e a nai do festival son Miguel Iriarte e Tallulah Flores, os dous poetas que renuncian a participar nos recitais, limitándose a organizar, coordinar e presentar as actividades.

Barranquilla 6Miguel agardaba por min no aeroporto cando cheguei no voo de Bogotá. Xa era noite. Non nos coñeciamos persoalmente, pero axiña nos identificamos. Canto se agradece o sorriso e a aperta cando un chega a deshora a un lugar estraño. Chovía e a terra exhalaba o seu alento cálido e denso. No coche de Miguel fomos ata o fogar de Carolina Zamudio e a súa familia, onde me hospedei. Na viaxe souben que Miguel ama a música, tanto o jazz como a cumbia, sobre a que me orientou. Tamén que ama a localidade de pescadores na que vive, Salgar, sobre o mar Caribe e, sobre todo, o río. Para el Barranquilla é mar e é río, pero a cidade, durante anos, viviu de costas ao caudal do Magdalena. El, co nome do festival, Poemarío, tan polisémico, pretende reivindicar as dúas realidades xeográficas que son o ser da cidade. Ceamos xuntos, no soportal da casa, entre recendos, risos e a alegría do encontro.

A Tallulah non a coñecín ata o inicio do festival. Non tiven ocasión de falar moito con ela,Barranquilla 11 pero si de ler un libro seu que me prestou Carolina. Como primeira entrega e en agradecemento aos dous, quixera deixar, nesta primeira entrega, constancia dos seus versos, acto de xustiza para aqueles que, renunciando á súa cota de participación e aplauso, dedicaron todo o seu esforzo ao benestar dos demais.

De Miguel lin neses días o libro “Cámara de jazz”, no que xoga cos músicos e coas músicas que o emocionan, pero non será dese libro o poema que deixo aquí, porque foi libro prestado. O poema de Miguel pertence ao libro “Poemas reunidos”, que recolle  algúns dos de “Cámara de jazz”, pero tamén outros. Este titúlase Toda de sal e vai precedido dunha cita de Pablo Neruda: Tu estatua está extendida más allá de las olas.

Es cierto.
De este lado
               del mar
todo está hecho:
El reloj   el rojo   los puñales
la franca soledad de los edificios
el grito
y el naufragio
                  -adrede-
Más allá, el resto:
                   TU
Toda de sal
                indecisa en medio de lo último,
y así,
subversiva del deseo.

O poema de Tallulah, titulado Silvia Plath, está incluído no libro “Voces del tiempo y otros poemas”:

Para recobrar el sentido el grueso de una hoja
Para ocuparte en la  luz lo absoluto del ojo
Para callar los rumores
                         Está la brisa que crece
Mientras tú casi intacta ante tu propia sombra
Permaneces tendida
Donde te yergues sola
Para ser sólo voz en la hierba. 

 

(As imaxes, como as que acompañarán as seguintes entradas sobre o Festival, son de Carolina)

PoeMaRío en Barranquilla

Faltan tres días para viaxar a Barranquilla. Vou convidado a participar no VIII Festival internacional de poesía en el Caribe, denominado PoeMaRío.

Atopareime alí con outros 40 autores, procedentes de moitos países: Bolivia, Venezuela, Uruguay, Arxentina, México, Suecia, Rumanía, Cuba, Ecuador e tamén, claro, con moitos poetas colombianos. Esta é a ficha que fixeron comigo:

Foto barranquilla

O festival, un río e mar de palabras, durará cinco días. Eu participo en catro recitais e creo que libro o venres 24. Compartirei recital en dúas ocasións coa miña amiga Carolina Zamudio. Este é o programa:

http://www.clena.org/actualidad/programacion-poemario2015.HTML

A ver se consigo contar algo de como me van as cousas e de como vexo aquilo. Apertas.