A miña amiga, a escritora Manon Moreau, da que xa teño falado aquí, e que nos visitará o vindeiro mes de abril, envíame un correo no que vén esta ligazón a un documento sonoro extraordinario. Escóitase nel a voz da última falante dunha lingua. Trátase da lingua dos Yaghans, pobo que dende hai séculos habita o sur de Chile, supoño que tamén da Arxentina, de feito o museo Yaghan está en Ushuaia. O documento é fermoso, como unha música, na que a voz da muller, a última voz que pronuncia esas palabras, conversa co vento, cos animais, as augas do mar e dos regatos, a natureza, en fin, da que a lingua tamén formaba parte. Foi gravada por un rapaz e emitida pola emisora de Libération. A min emocionoume. Son sete minutos.
http://next.liberation.fr/culture/2009/12/12/the-last-voice_1433