A NOVA ECONOMÍA

O correspondente deste blog no hemisferio austral, Jorge Omar Veiga, oriúndo de Oira, á beira de Ourense, envía correo no que conta algo, do que confeso non sabía nada. Pensaba eu que outros xeitos de facer e de vivir eran posibles, pero descoñecía experiencias como esta. Valoro, ademais, o final poético, porque penso que os grandes proxectos sempre teñen un compoñente intanxible, imposible de valorar dende a ecuación económica que nos goberna. Cando recoñeceron a Gasteiz ou Vitoria, como capital verde europea, vin un documental na televisión, no que falaba un dos enxeñeiros que deseñaron o proxecto que incluía: zonas verdes, recuperación de espazos degradados, tratamento e aforro no consumo de auga, alumeado urbano e adaptación enerxética dos edificios públicos, transporte ou reciclaxe. Ese proxecto tan complexo, segundo explicou o enxeñeiro, perseguía un obxectivo: que os veciños da cidade puideran recuperar a visión nocturna do firmamento. E a min pareceume que si, que ese é o plus poético que diferencia uns proxectos dos outros. Algo así pasa con Laguna Blanca e o empeño de Douglas Tompkins en conseguir que todo o esforzo posto en demostrar que outra economía é posible, teña como obxectivo, ademais, que o resultado sexa fermoso e artístico. Que soño sería conseguir algo así para a agra de Carnota! Deixo aquí o correo de Jorge Omar e o enlace ao vídeo.

Queridos Chisco y Maribel: Les paso un link que los sorprenderá. Se trata de un filántropo estadounidense que se llama Douglas Tompkins. Llego hace unos 15 años a este país y es un enamorado de la vida silvestre, pero también es uno de los operadores de Wall Street ya que su poderosa compañía de venta de ropa Sky, tiene fuertes operaciones bursátiles.

Como filántropo y conservacionista, estuve varias veces dialogando con este notable personaje. Ya forma parte de nosotros.

Su gran sueño que ya lo esta concretando, no solo es recuperar enormes espacios para la vida silvestre sino crear LA NUEVA ECONOMIA.

¿De qué se trata..? De cambiar la forma en que producimos alimentos en el mundo actual.

Las actuales prácticas depredadoras de la agricultura industrial a gran escala y de sus recursos están acelerando la eliminación integra de ecosistemas naturales, especies y modificando el clima.

La Nueva Economía, plantea otras prácticas que les sugiero vean en detenimiento en este precioso documental: