O MUNDO DE ALBA

AlbaAlba é filla de Isa e de Ramiro Torres, poeta que forma parte do Grupo Surrealista Galego. Alba ten agora 11 anos. Con nove, un dos seus debuxos, que ela cualifica de surrealistas, foi escollido polo seu pai como imaxe e cuberta do seu libro Esplendor arcano. Sempre me fascinou esa ilustración, mundo de mundos, sucesión de elementos encadeados que compoñen unha forma complexa e suxestiva, enigmática e misteriosa, como é sempre o que nos nace de dentro, do máis fondo de nós.

Alba empezou a debuxar con 7 anos. Ao primeiro fixo un garabato, ao que tardou e atopar sentido, pero logo, cando o conseguiu, fixo outros vincuándoos e deixando que a man construíse as formas. Foi seu pai quen lle explicou que ese era un xeito de crear propio do surrealismo.

kr

kr

Un serán, haberá un par de anos, sentei con ela e con Violeta, a filla de Inma e de Xacobe, nunha mesa, nun bar da Cidade Vella da Coruña. As dúas debuxaban, cada unha o seuesplendor_arcano mundo, as dúas concentradas no seu. Gústame moito o que debuxa Violeta e teño oportunidade de ver como ilustra as historias que escribe nos cadernos, pero aquel día quedei fascinado co xeito de tecer símbolos e formas de Alba. Case sen erguer o bolígrafo do papel, comezando por un extremo para logo, nun xogo de entrar e de saír construír o centro e os recunchos, trazando os fíos do labirinto, a forma complexa que a man propoñía nacía diante de min, medraba, mesturando simboloxía primitiva con outra que a min se me antollou matemática ou cibernética. Admirado, calei, concentrado en seguir a evolución da man, a decisión, o xeito de ir ligando un elemento con outro, sen perder o sentido e a harmonía.

“Deixo que a miña man constrúa a forma”, confesa, e engade que ás veces ten a idea do tamaño que pode ter o debuxo, pero pouco máis. Gústalle o branco e negro, aínda que, en ocasións, introduce algo de cor nas composicións. Son de admirar, tamén, os títulos que escolle para as súas obras.

Alba 1

Agarda facer pronto unha exposición. Mentres pódense ver outras mostras dos seus debuxos automáticos (non me gusta nada este termo, eu prefiro dicir encadeados) , na páxina Xalundes, do Grupo Surrealista Galego, velaí a ligazón: http://http://gruposurrealistagalego.blogaliza.org/tag/alba-torres-ferreiro/

Nada se dixen ata agora dos poemas de Ramiro incluídos no libro Esplendor Arcano. Recomendo a lectura deste libro. Todos os poemas que o forman teñen a singularidade de estaren dedicados a alguén, expresión de amizade e xenerosidade por parte de Ramiro. Este que deixo figura no índice como escrito para Félix e para min. Comparto pois a o que, dalgún xeito, e de maneira proporcional, me corresponde:

Despregam-se as asas
en insolente violência,
pairam sobre nós com a
sua brilhante cosmogonia,
atravessando as vísceras
em fluxo desorbitado de
espuma incandescente,
retraindo-nos para o útero
selvagem em que rasgamos
a voz num grito inaudível.